X Carreira Camiño das Letras
- maio 17, 2024
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Intentando volver as carreiras, despraceime ata Santiago de Compostela, concretamente ata a Cidade da Cultura onde se ía celebra a 10ª edición da Carreira Camiño das Letras. Este ano non estaría nos 15K como sempre fixen senón que estaría nos 5K acompañando a miña irmá.
O obxectivo sería:
- Tirar por miña irmá xa que segundo ela non cree que consiga baixar de 6:00'/km, eu penso que 5:30'/Km polo que algo intermedio estaría ben.
🏆 O MEU RESULTADO 🏆
- Posto xeral: 97º de 132.
- Posto categoría: 21º
- Tempo: 28:29 min.
- Ritmo: 5:41 min/km
🏁 PERCORRIDO 🏁
O percorrido eran dúas voltas pola Cidade da Cultura e o Bosque de Galicia. Creo que é un circuíto rápido que só ten unha pequena subida pola zona do Bosque o resto pódese dar zapatilla dende o comezo xa que a saída é moi ampla.
✅ PUNTOS POSITIVOS ✅
- Boa información da carreira.
- Dúas distancias, carreira de 15K ou de 5K.
- Ampla zona para aparcar.
- Recollida de dorsais o día previo ou o mesmo día.
- Avituallamento final completo e un ano máis con degustación de Ternera Gallega.
- Duchas a 1,5 Km, lonxe pero creo que son as que quedan máis preto.
- Agasallo deste libro.
❌ PUNTOS A MELLORAR ❌
- Eu non me decatei pero polo que vin houbo corredores que colleron medallas que se lles ían ser entregadas aos cativos ao finalizar as súas probas e como consecuencia houbo rapaces que quedaron sen ela.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- Francisco J. Ascanio Baso ... 16:31
- Daniel Maneiro Teira ... 17:04
- Manuel Folgueira Díaz ... 17:26
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- Patricie Viadel Turjanicová ... 19:55
- Aiala García Fojo ... 23:41
- Vanesa Insaurralde ... 23:46
0 comments