XII Cross de Santiso
- maio 25, 2024
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Ata os últimos días non sabía se ía poder participar nesta proba xa que non me vía confiado para enfrontarme a esta distancia (14K) pola lesión e estaba dubidando se cambiar o dorsal para ir a andaina paralela que se facía pero finalmente decidín participar e tomar a proba como un test para saber como vai evolucionando a lesión.
O obxectivo sería:
- Saír dos últimos e ir tirando segundo as sensación que fora tendo.
🏆 O MEU RESULTADO 🏆
- Posto xeral: 51º de 285.
- Posto categoría: 10º
- Tempo: 1:04:51 min.
- Ritmo: 4:46 min/km
🏁 PERCORRIDO 🏁
O percorrido é duro cunha saída rápida con varias baixadas ata chegar a altura do embalse, logo bastante chan con algún sube e baixa mentres imos rodeando o embalse ata que chegamos a zona de asfalto e practicamente a subir todo o tramo que queda coas dúas últimas subidas bastante duras.
✅ PUNTOS POSITIVOS ✅
- Boa información da carreira.
- A parte da carreira tamén había andaina.
- Servizo de coidado para os nenos durante a proba.
- Zona para aparcar os participantes.
- Avituallamento intermedio con auga.
- Animación durante a proba cun grupo de gaiteiros.
- Avituallamento final completo.
- Dúas zonas para poder ducharse.
- Medalla finisher.
- Agasallo dunha bolsa de tela e dun suadoiro.
- Festa final con churrasco, polbo, callos, ensalada de pasta, melindres, biscoito, cervexa...
❌ PUNTOS A MELLORAR ❌
- Nada.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- José Canda Louzao ... 48:04
- Sergio Requeijo Requeijo ... 53:30
- Anxo Castro Varela ... 54:07
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- Zelinda Spencer Conceicao ... 1:00:05
- Tina Fernández Barreiros ... 1:01:00
- María J. Conde Rodríguez ... 1:01:10
0 comments