Andaina de San Isidro 2024

Tras participar o día anterior no Cross de Santiso, tocou soltar pernas polas terras da Pobra do Caramiñal nunha nova andaina que neste caso sería a Andaina de San Isidro cun percorrido de 14Km e 550m+ moi semellante ao percorrido do trail curto evitando algún cortalumes e zonas máis técnicas.


🏁 PERCORRIDO 🏁

Gustoume moito o percorrido, moi entretido e con bastante monte xa que íamos percorrendo case o mesmo trazado que os participantes do trail curto polo que tivemos algunha baixada máis técnica e subidas con maior desnivel. 

✅ PUNTOS POSITIVOS ✅ 
  • Boa información da proba.
  • Varias distancias a escoller entre 15K ou 21K para o trail e andaina de 14K.
  • Moi boa marcaxe do percorrido con cintas e marcas, aínda que case me equivoco na última subida pola carballeira xa que eu vía a cinta ao lonxe pero estaba atallando e tiven que volver para atrás e facer ben o percorrido.
  • 1 avituallamento intermedio líquido.
  • Avituallamento final completo.
  • Servizo de duchas a uns 1Km aprox..
  • Agasallo dunha bolsa térmica.
❌ PUNTOS A MELLORAR ❌
  • Non notei nada en falta polo que pola miña parte estivo todo ben.
Moitas grazas por pasarte e vémonos nas carreiras. ✌️

Tamén che pode gustar:

0 comments