VI Holi Gaias

Un ano máis na Holi Gaias pero este ano distinta as anteriores onde acompañei a un amigo ou a miña irmá. Desta vez tras a lesión tocaría apertar un pouco para ver que sensacións teño pero sen perder a esencia da proba festiva. Mesmo percorrido que os últimos anos, dúas voltas ata completar unha distancia de 5Km aprox. pola Cidade da Cultura e o Bosque de Galicia.

O obxectivo sería:

  • Intentar apertar un pouco para comprobar como van as pernas tras a lesión.

🏆 O MEU RESULTADO 🏆
  • Posto xeral: 18º de 522.
  • Posto categoría: 14º
  • Tempo: 20' 54''.
  • Ritmo: 4:02 min/km
🏁 PERCORRIDO 🏁

O percorrido a dúas voltas onde o primeiros metros senón estás ben situado é complicado correr debido a que a proba é máis festiva pero cando se empeza a estirar xa se pode ir correndo pola Cidade da Cultura e sobre todo cando xa se chega ao Bosque de Galicia que ao ir subindo levemente a xente que vai correr xa marca a diferenza. Na segunda volta hai que ir con máis precaución xa que te atopas con xente que vai andando.

✅ PUNTOS POSITIVOS ✅ 
  • Este ano como novidade introduciron unha proba para os cativos.
  • Ampla zona para aparcar.
  • Recollida de dorsais o día previo ou o mesmo día.
  • Avituallamento final completo.
  • Zona de duchas no Multiusos Fontes do Sar a 1Km aprox.
  • Agasallo dunha camiseta e das tradicionais gafas da Xunta.
  • Quecemento e post carreira con sesión de zumba.
❌ PUNTOS A MELLORAR ❌
  • Centralizar a información xa que no regulamento por exemplo non poñía nada de que houbese duchas e en cambio na páxina da Cidade da Cultura si que aparecía.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Iago Castro Varela ... 18:05
  2. Arturo Mata Castro ... 18:18
  3. Manuel Aboal Marqués ... 18:22
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Inés Ramos Trasar ... 20:54
  2. Julia Fagilde Sande ... 22:11
  3. Xoana Rodil Illobre ... 22:23
Pd.: Clasificación completaMoitas grazas por pasarte e vémonos nas carreiras. ✌️

Tamén che pode gustar:

0 comments