VII Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple

Tras participar no día anterior na Holi Gaias que me serviu de activación e comprobar que parece que estou recuperado. Tocou volver a Santiago de Compostela onde se ía celebrar a 7ª Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple. Cunha distancia de 4,5 Km dando dúas voltas a un percorrido que ía polo Campus Sur e a Alameda.

O obxectivo sería:

  • Intentar ir a tope xa que imos competir por equipos e hai que dalo todo.

🏆 O MEU RESULTADO 🏆
  • Posto xeral: 15º de 135.
  • Posto categoría: 6º
  • Tempo: 15:23 min.
  • Ritmo: 3:53 min/km
🏁 PERCORRIDO 🏁

O percorrido foron dúas voltas con saída dende o Campus Sur en leve subida ata a Alameda, alí zona máis chan pero con moitos xiros de cambio de sentido nos que non se consegue manter o ritmo. Saímos da Alameda en baixada ata o Campus Sur de novo, xiro ao estanque e a dar a segunda volta case igual xa que ao final non teríamos que dar este último xiro ao estanque para entrar directos a meta. 

✅ PUNTOS POSITIVOS ✅ 
  • Ademais da carreira tamén había andaina.
  • Recollida de dorsais dous días previos ou o mesmo día.
  • Servizo de gardarroupas.
  • Avituallamento final completo.
  • Zona de duchas a escasos metros.
  • Agasallo desta bolsa.
❌ PUNTOS A MELLORAR ❌
  • O circuíto non me gustou nada con tanto xiro pechado e un deles cunha árbore no medio.
  • Aínda que xa o poñía no regulamento a premiación foi rara dando só premio aos primeiros clasificados absolutos e non a tres como é habitual ademais os premios eran acumulativos algo do que non estou a favor en probas populares e máis sendo esta solidaria.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Amador Pena Torreira ... 14:30
  2. Iván Pardal Coca ... 14:34
  3. Arturo Mata Castro ... 14:35
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Tina Fernández Barreiros ... 16:20
  2. Inés Ramos Trasar ... 16:51
  3. Elisa Boullosa Bernárdez ... 17:30
Pd.: Clasificación completaMoitas grazas por pasarte e vémonos nas carreiras. ✌️

Tamén che pode gustar:

0 comments