X Media Maratón Os 21 do Camiño
- xuño 15, 2024
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Regresamos a unha das mellores medias maratón que coñezo e esta sería xa a 7ª vez que participo na Media Maratón Os 21 do Camiño. Proba que transcorre polo Camiño de Santiago unindo as localidades de Palas de Rei e Melide por un trazado de terra e asfalto bastante duro onde este ano chegaron ao límite de inscritos en 20'.
O obxectivo sería:
- Intentar mellorar o tempo que teño nesta proba que é de 1h 25' 51''.
🏆 O MEU RESULTADO 🏆
- Posto xeral: 42º de 806.
- Posto categoría: 9º.
- Tempo: 1h 27' 16''.
- Ritmo: 4:11 min/km.
🏁 PERCORRIDO 🏁
O percorrido igual que os últimos anos, saída dende Palas de Rei onde damos unha volta duns 5K aprox. e poñemos rumbo a Melide saíndo de Palas polo paseo do Colesterol. A partir de aí un continuo sube e baixa constante por terra e asfalto con algún tramo máis propio de trail. Cronoescalada Subida ao Mato no Km 11 ata o Km 12,6 e seguimos co sube e baixa pero xa coa sensación de subir máis ata os últimos Km's onde está a subida do polígono e un pouco máis adiante dende Furelos ata meta todo o tempo subindo.
✅ PUNTOS POSITIVOS ✅
- Moi boa información da carreira.
- A parte da carreira de 21K tamén hai carreira de 6K.
- Actividades paralelas durante a fin de semana.
- Zona para aparcar preto.
- Recollida de dorsais o día previo ou o mesmo día.
- Retransmisión en directo da proba.
- Servizo de gardarroupas.
- Servizo de autobús para ir a saída ou para volver.
- Animación en varios puntos con grupos de gaiteiros.
- 3 avituallamento intermedios.
- Avituallamento final moi completo.
- Zona de masaxe.
- Duchas a 1Km aprox. da meta pero deben de ser as que quedan máis preto.
- Medalla finisher.
- Agasallo de dúas bolsas, camiseta manga longa, camiseta sen mangas e uns calcetíns.
❌ PUNTOS A MELLORAR ❌
- Nada.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- Bouchaib Nasr ... 1h 09' 35''
- Manuel Lorenzo López ... 1h 09' 56''
- José Canda Louzao ... 1h 11' 59''
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- Tina Fernández Barreiros ... 1h 28' 59''
- Zelinda Spencer Conceiçao ... 1h 29' 29''
- Nati García ... 1h 30' 30''
0 comments