XXXI Carreira das Areas de Carnota
- xuño 23, 2024
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Regreso a esta carreira onde participara no 2015 e da que gardaba un gran recordo de poder correr pola praia, cos ollos pechados, escoitando e sentindo a brisa do mar. Isto era o que recordaba da Carreira das Areas de Carnota que non puiden volver ata este ano por coincidencias con outras probas. O percorrido serían 10K dos cales case 7K se fan pola praia.
O obxectivo sería:
- Intentar ir a tope xa que as opcións de podio eran viables.
🏆 O MEU RESULTADO 🏆
- Posto xeral: 34º de 235.
- Posto categoría: 5º
- Tempo: 41' 07''.
- Ritmo: 4:22 min/km
🏁 PERCORRIDO 🏁
O percorrido con saída dende o Hórreo de Carnota, pequena volta polo pobo e rumbo a praia onde a percorremos de un lado ao outro durante uns 7Km aprox. Saímos da praia e volta ao Hórreo con algunha modificación na volta final para chegar a meta.
✅ PUNTOS POSITIVOS ✅
- Boa información da carreira.
- A localización e entorno merecen moito a pena.
- Ademais dos 10K tamén había carreira de 3K.
- No momento de facer a inscrición tes a opción de facer un donativo para a asociación contra o cancro. Descoñezo si se destina parte da inscrición ou só o donativo que fagas.
- Zona para aparcar preto.
- Avituallamento intermedio con auga.
- Avituallamento final completo.
- Duchas a uns 500m aprox.
❌ PUNTOS A MELLORAR ❌
- Creo que os voluntarios que están na praia cando damos os xiros deberían indicar porque parte da praia temos que correr porque cando facemos o cambio de dirección había corredores por todos lados.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- Alejandro Pardo Bello ... 35:00
- Jacobo Crego Fernández ... 35:12
- Ricardo León Viñas ... 35:54
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- Tina Fernández Barreiros ... 39:50
- Apolonia Bermúdez Canosa ... 43:16
- Raquel Ramos Suárez ... 43:16
0 comments