III Trail Heroica Sacra
- xuño 30, 2024
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Regreso ao monte despois de que fixera a última proba de trail en Setembro, xa ía para un ano sen correr polo monte polo que había ganas. Aínda así a idea inicial era a de participar no Trail Heroica Sacra na modalidade de relevos pero finalmente estaría participando na distancia de 23K con 1000m+. Proba que fixen o ano pasado e que me gustou moito sobre todo polo entorno no que se corre e a chegada a meta na Praia da Cova.
O obxectivo sería:
- Xa que o percorrido ía ser case igual ao do ano pasado, intentar mellorar o tempo que tiña nesa edición.
🏆 O MEU RESULTADO 🏆
- Posto xeral: 10º de 144.
- Posto categoría: 7º.
- Tempo: 2h 31' 32''.
- Ritmo: 6:49 min/km
🏁 PERCORRIDO 🏁
O percorrido semellante ao do ano pasado, saída dende Chantada onde cambiou o sentido da saída e percorremos as súas rúas empedradas. Poñemos rumbo ao río Asma para ir ao seu carón por unha zona rápida ata que chegamos a unhas baixadas bastantes técnicas. Despois tocaría subir ata o primeiro avituallamento atravesando un dos viñedos. Nova baixada para cruzar o río Miño e vota a subir por un zigzag, logo subida curta para seguir baixando e pasando por outro avituallamento. Última subida para chegar a unha das adegas e xa dende aí baixar por unha das zonas máis técnicas da proba ata a Praia da Cova onde estaba a meta.
✅ PUNTOS POSITIVOS ✅
- Boa información da carreira.
- Sorteo entre os inscritos.
- A parte da carreira de 23K tamén había carreira de 33K, relevos para a distancia de 23K, trail cadete 12K, andaina e o día anterior trail para os cativos.
- A localización e o entorno espectaculares, todo un privilexio poder correr por alí.
- Recollida de dorsais o día previo ou o mesmo día.
- Servizo de gardarroupas.
- Servizo de autobuses.
- Voluntarios de 10, sobre todo eses rapaces que non pararon de animar a todos os participantes como se puido ver no vídeo.
- Moi boa marcaxe do percorrido con un pero que comento despois.
- Animación nun punto cun grupo de gaiteiros.
- 3 avituallamentos intermedios e algún máis para recargar auga.
- Avituallamento final completo.
- Festa final incrible para quedarse alí todo o día.
- Agasallo dunha bolsa, lata de sidra, galletas/pan para canapés e unha camiseta.
❌ PUNTOS A MELLORAR ❌
- O que comentaba da marcaxe, houbo un punto tras pasar a canle que era dudoso xa que a vista che ía aos carteis da andaina longa ou andaina curta e non se sabía por onde ir. Eu a banderilla do trail vina despois editando o vídeo de feito creo que houbo participantes que se equivocaron nese punto.
- As duchas este ano non sei o motivo pero non funcionaron. Un problema menor xa que tendo o río ao carón pois non hai fallo.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- José Canda Louzao ... 2h 01' 13''
- Eloy Martínez Faro ... 2h 06' 58''
- Martín Barreiro Gómez ... 2h 14' 22''
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- Rosa Mª. Araujo Losada ... 2h 39' 05''
- Tamara García Rodríguez ... 2h 44' 00''
- Alejandra Sanroman ... 2h 47' 34''
0 comments