X CorreSan - Nocturna Cidade Vella
- xullo 06, 2024
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Aínda que este ano non estea competindo no Circuíto CorreSan, esta é unha das probas a que non se pode faltar pola experiencia de correr polo casco vello de Santiago de noite. Cun percorrido de dúas voltas ata completar unha distancia de 5Km percorrendo a Zona Vella e a Alameda. Este ano a diferencia da última vez que participei, irei sen a cámara xa que por experiencia sei que non se vai ver nada.
O obxectivo sería:
- Apertar e recordar a sensación de competir sen a cámara.
🏃 A CARREIRA 🏃
A segunda volta xa non foi o mesmo conto. Tras pasar polo zona de saída e comezar o primeiro tramo subindo xa me custou bastante aguantar o ritmo que levaba e perdendo o grupo no que ía. Intentei recuperar na zona favorable pero xa non era capaz e os ritmos xa se estaban indo aos 3:45'/km. Xa dende a Alameda o traballo estaba feito e aínda que consigo gañar un posto, volvo a perdelo na recta de meta pero para min non cambiaba nada xa que non puntuaba para o circuíto e premio non ía conseguir.
🏆 O MEU RESULTADO 🏆
- Posto xeral: 23º de 370.
- Posto categoría: 6º
- Tempo: 19' 43'' min.
- Ritmo: 3:41 min/km
🏁 PERCORRIDO 🏁
O percorrido a dúas voltas con saída dende a Praza do Obradoiro, subida cara o Mosteiro de San Martín Pinario e Praza de Cervantes. Dende aí zona moi favorable baixando cara a Alameda. Xa na Alameda facemos un ida e volta que en principio non había que facer e seguimos para dar toda a volta ao parque (hai que mellorar a iluminación do parque...). Saímos da Alameda de nova cara a zona vella e leve subida pola Rúa do Vilar. Rematada esta rúa baixada para chegar de novo a Praza do Obradoiro e facer a segunda volta.
✅ PUNTOS POSITIVOS ✅
- A localización da proba sobre todo pola zona vella.
- Recollida de dorsais o mesmo día en dous puntos, primeiro nun centro comercial e logo na zona de saída.
- Avituallamento final con froita e auga.
- Duchas a 800 metros.
❌ PUNTOS A MELLORAR ❌
- Erro na marcaxe do percorrido xa que fixemos un ida e volta na Alameda que non estaba anunciado e en vez de 5K saíron case 5,5K.
- Poñer un servizo de gardarroupas creo que sería moi útil.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- Roberto Trigo Lores ... 17' 38''
- Yago I. García Sainz ... 17' 43''
- Amador Pena Torreira ... 17' 49''
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- Zoé Cardín ... 19' 30''
- Ainoa Gontán Iglesias ... 20' 06''
- Tere Parrado ... 21' 54''
0 comments