IX Carreira Popular Concello de Muxía

Primeira vez que me desprazaba ata Muxía polo que tamén sería a primeira vez nesta proba, a Carreira Popular Concello de Muxía que nun principio ía ter unha distancia de 10Km pero que debido as últimas chuvias tiveron que modificar o percorrido quedándose en 9,5Km.

O obxectivo sería:

  • Pois simplemente ía intentar saír máis tranquilo e correr de menos a máis.

🏆 O MEU RESULTADO 🏆
  • Posto xeral: 10º de 174.
  • Posto categoría: 2º
  • Tempo: 36:49 min.
  • Ritmo: 3:52 min/km
🏁 PERCORRIDO 🏁

O percorrido é duro saíndo cara o Santuario da Virxe da Barca, alí subida curta pero intensa e zona rápida cruzando Muxía. Deixamos Muxía atrás e imos bordeando a costa ata o Km 3,5 onde comezamos a subir continuamente. Baixada sobre o 5,5 ata o 6,2 e a seguir subindo ata o Km 7 dende aí xa todo terreo moi favorable ata meta. 

✅ PUNTOS POSITIVOS ✅ 
  • Boa información da proba.
  • Ademais do 10K tamén había carreira de 3K.
  • No momento da inscrición tiñas a opción de facer unha doazón para a Asociación contra o Cancro, non sei si parte da inscrición tamén se doa.
  • Avituallamento intermedio con auga.
  • Avituallamento final con froita e auga.
  • Servizo de duchas a 500m.
❌ PUNTOS A MELLORAR ❌
  • Houbo un punto sobre o Km 5,1 nun cruzamento que non había ningunha marcaxe para saber cara onde había que ir ou polo menos eu non vin nada e simplemente confiei en que o corredor que ía diante soubese o percorrido.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Alejandro Pardo Bello ... 34:44
  2. Jaci A. Mello Birkhan ... 35:13
  3. Kiko Roca Ledo ... 35:47
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Tina Fernández Barreiros ... 38:53
  2. Raquel Ramos Suárez ... 42:11
  3. Apolonia Bermúdez Canosa ... 43:05
Pd.: Clasificación completaMoitas grazas por pasarte e vémonos nas carreiras. ✌️

Tamén che pode gustar:

0 comments