III Media Maratón do Camiño Inglés
- xullo 21, 2024
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Tocou regresar a 3ª edición desta media maratón que xa fixera no seu primeiro ano. Cun percorrido que ten saída no concello de Ordes e meta no Concello de Oroso percorrendo o Camiño Inglés. Unha media maratón rápida xa que a tendencia é a ir baixando pero na que non te podes confiar debido a que ten un par de subidas longas e duras.
Os obxectivos serían:
- Intentar mellorar o tempo que tiña na primeira edición de 1h 25' 30''.
- Correr por debaixo de 4:00'/km.
- Baixar de 1h 20'.
🏆 O MEU RESULTADO 🏆
- Posto xeral: 3º de 232.
- Posto categoría: 2º
- Tempo: 1h 17' 15'' min.
- Ritmo: 3:43 min/km
🏁 PERCORRIDO 🏁
O percorrido con saída en Ardemil, Ordes. Comezaba con 2 Km moi rápidos, despois pequena subida por terra e a seguir baixando ata o Km 5,5, onde estaría a primeira das subidas duras ata o Km 7. Volvemos a unha zona bastante favorable con algunha baixada forte e pequenos repeitos ata o Km 11,5 onde está a segunda das subidas fortes ata o Km 13,5. Dende aí ata meta zona rápida cun sube e baixa constante pero con tendencia a ir baixando e chegar a meta en Sigüeiro, Oroso. Cunha distancia polo reloxo de 20,8 Km
✅ PUNTOS POSITIVOS ✅
- Boa información da carreira.
- Ademais dos 21K tamén hai carreira de 10K.
- A localización ao ir polo Camiño de Santiago está moi ben, aínda que hai partes que non son moi bonitas como a parte na que imos pegados a autopista ou o tramo polo polígono de Sigüeiro.
- Servizo de gardarroupas na saída.
- 3 avituallamentos intermedios.
- Avituallamento final con froita e auga.
- Zona de masaxe.
- 2 puntos onde poder ducharse, ambos moi preto.
- Medalla finisher.
- Agasallo dunha camiseta.
❌ PUNTOS A MELLORAR ❌
- O servizo de autobuses lévanos moi cedo para a zona de saída, entendo que a proba é en Xullo e o tempo debería acompañar pero na zona de saída non hai onde meterse en caso de mal tempo. Teñen que mirar de axustar mellor os horarios nese sentido.
- Os premios por categoría para min seguen sendo un pouco escasos para a proba que é xa que puiden comprobar o que estaban dando e era unha bolsa de tela que traía un imán e uns panfletos. Os mesmos que gañei eu na primeira edición... polo que o que faría eu sería quitar o premio económico dos vencedores absolutos, que non estou moi a favor en probas populares xa que só se consigue que veñan certo tipo de corredores e investir ese diñeiro nuns trofeos ou medallas para os premios por categorías.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- Alejandro Pérez Varela ... 1h 15' 45''
- Sergio Requeijo Requeijo ... 1h 17' 00''
- Miguel Iglesias Amores ... 1h 17' 15''
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- Rebeca Mariño Torrado ... 1h 24' 13''
- María J. Conde Rodríguez ... 1h 26' 19''
- Nati García Sánchez ... 1h 26' 46''
0 comments