11º CorreSan - Barrio de Conxo

Regreso ao circuíto CorreSan de Santiago de Compostela. Un circuíto que a priori non é que me faga moita ilusión correr polo tipo de probas xa que son curtas entorno aos 5K e eu prefiro distancias máis longas pero volvo para axudar ao equipo na clasificación final por equipos a ver ata onde se dá chegado. Nesta primeira proba tocou desprazarse ata o Barrio de Conxo onde nos esperaba un circuíto a dúas voltas ata completar unha distancia de 5,3Km e que sería a primeira vez que ía participar.

O obxectivo sería:
  • Quedar o mellor posible para a clasificación por equipos.
  • Intentar correr a un ritmo medio de 3:35'/km

🏆 O MEU RESULTADO 🏆
  • Posto xeral: 22º de 455.
  • Posto categoría: 9º
  • Tempo: 18' 47''
  • Ritmo: 3:36 min/km
🏁 PERCORRIDO 🏁

O percorrido a dúas voltas bastante esixente para o curto que é. Sobre todo pola subida que comparte trazado co Camiño de Santiago e un metros máis adiante outro pequeno repeito pero intenso. Que sobre todo na segunda volta se lle nota máis a dureza. O resto dos tramos son bastante favorables e rápidos.

Cunha distancia polo reloxo de 5,2Km 

✅ PUNTOS POSITIVOS ✅ 
  • Boa información da carreira.
  • Zona para aparcar ao carón da saída se chegas cedo porque non hai moito sitio.
  • Recollida de dorsais durante os dous días previos ou o mesmo día da proba.
  • Avituallamento final con froita e auga.
  • Duchas no polideportivo Quiroga Palacios a 500m da meta.
  • Agasallo dunha camiseta só para os participantes do circuíto.
❌ PUNTOS A MELLORAR ❌
  • Marcaxe, moita xente recortando polas aceras.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Yago I. García Sainz ... 16' 49''
  2. Amador Pena Torreira ... 17' 21''
  3. Adrián Sesar Miguez ... 17' 21''
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Moira Miranda Vásquez ... 19' 21''
  2. Ana Mª. Santiso Prado ... 19' 40''
  3. Ainoa Gontán Iglesias ... 20' 00''
Pd.: Clasificación completaMoitas grazas por pasarte e vémonos nas carreiras. ✌️

Tamén che pode gustar:

0 comments