11ª Media Maratón Os 21 do Camiño

Un ano máis e xa van 8 anos nos que participo nunha das mellores medias maratóns de Galicia. Algo ten que ter para que cando se abren as inscricións colapse a páxina debido a alta demanda que ten. Por sorte conseguín inscribirme e poder participar un ano máis. Cun percorrido que transcorre polo Camiño de Santiago dende Palas de Rei ata Melide nun continúo sube e baixa que pon a proba aos atletas.

O obxectivo sería:
  • Intentar correr a un ritmo medio de 4'/km

🏆 O MEU RESULTADO 🏆
  • Posto xeral: 20º de 726.
  • Posto categoría: 10º
  • Tempo: 1h 24' 11''
  • Ritmo: 4:00 min/km
🏁 PERCORRIDO 🏁

O percorrido pois o mesmo dos últimos anos. Saída en Palas de Rei onde se dá un volta antes de poñer rumbo a Melide duns 5Km. Logo xa collemos o zona do paseo ao carón do rego de Roxan ata saír ao carón da Nacional polo Km 7,6 onde comezamos coa subida do Carballal. Cruzamos a Nacional, zona rápida e algo técnica ata chegar ao Km 11 onde nos espera a Cronoescalada ao Mato ata o Km 12,5. Logo tramo para recuperar e nova subida ata o O Coto onde está a saída da carreira dos 6K. Estes últimos Kms comezan baixando e cruzando o Leboreiro, subida cruzando o polígono industrial e pequena baixada ata Furelos. Xa dende aí resta 1,3Km todo o tempo subindo ata meta.

Cunha distancia polo reloxo de 21Km.

✅ PUNTOS POSITIVOS ✅ 
  • Boa información da carreira.
  • Dúas distancia a escoller entre os 21K ou os 6K.
  • Zona para aparcar preto da meta.
  • Servizo de autobuses.
  • Recollida de dorsais o día previo ou o mesmo día da carreira.
  • Servizo de gardarroupas no lugar da saída.
  • Varios puntos de avituallamento intermedio.
  • Percorrido moi entretido.
  • Animación durante a proba con gaiteiros.
  • Avituallamento final moi completo.
  • Servizo de masaxe.
  • Duchas no polideportivo municipal a 650m da meta.
  • Premios non acumulativos.
  • Medalla finisher.
  • Agasallo dunha bolsa, camiseta sen mangas, camiseta manga larga e uns calcetíns.
❌ PUNTOS A MELLORAR ❌
  • O sistema de inscricións dado que a alta demanda se colapsou o primeiro día que abriron as inscricións. Tiveron que habilitar un segundo día para poder anotarse que tamén colapsou pero xa foi deixando anotarse por conta gotas e quen tiña sorte de que lle fora ben a páxina.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Pablo Otero Fariña ... 1h 13' 05''
  2. Ismael Vieitez Porto ... 1h 15' 03''
  3. José Canda Louzao ... 1h 16' 41''
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Mónica Gutiérrez Pagador ... 1h 19' 55''
  2. Esther Fernández Población ... 1h 28' 36''
  3. Zelin Spencer Conceicao ... 1h 30' 43''
Pd.: Clasificación completaMoitas grazas por pasarte e vémonos nas carreiras. ✌️

Tamén che pode gustar:

0 comments