VII Carreira Camiño das Letras
- maio 17, 2021
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Aquí estamos de novo. Non tiña pensado volver a competición ata setembro, vendo o ritmo que levaba a vacinación cría que sería un mes onde xa se podería estar máis ou menos ben sin moito risco a contaxio pero o mes anterior, comezaron a haber probas sobre todo de trail e pista e vendo o protocolo a seguir parecía viable comezar coas probas populares. Así foi como decidín anotarme a VII Carreira Camiño das Letras. Proba que une o Pico Sacro coa Cidade da Cultura percorrendo o Camiño de Santiago sobre unha distancia de 15Km. Proba que nos últimos ano me deu bastantes alegrías xa que fun 1º no 2018 e 3º no 2019.
Este ano sen moita preparación xa que estaba adestrando moi pouco, mais que nada para non estar parado de todo. Facendo 20Km a semana como moito. Tocou poñerse a sumar km's as últimas dúas semanas que foi cando me inscribín na proba. Sabendo isto os obxectivos estaban claros e podía descartar este ano chegar ao podio.
Os obxectivos:
- Comprobar o estado físico no que me atopo.
- Desfrutar do regreso a competición.
Foto: Runners Galicia |
Foto: Organización |
- Posto xeral: 33º de 167.
- Posto categoría: 12º.
- Tempo: 1:00:41
- Ritmo: 4:09 min/km
- Simón González Rio ... 48:46
- Sergio Requeijo Requeijo ... 52:02
- Jonathan Fernández Ríos ... 52:12
- Tina Fernández Barreiros ... 1:01:50
- Silvia García Lorenzo ... 1:03:53
- Lucía Peón Santomé ... 1:10:10
0 comments