VI Carreira Camiño das Letras
- maio 17, 2019
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Volvín a proba onde conseguín a miña primeira e única vitoria absoluta, a Carreira Camiño das Letras xa na súa sexta edición. Con un percorrido de 15Km que une o Pico Sacro (Boqueixón) coa Cidade da Cultura (Santiago de Compostela).
Os obxectivos serían:
- Mellorar o tempo que conseguín o ano pasado de 59:55 min.
- Chegar ao podio porque igualar a vitoria do ano pasado vai estar complicado.
Como xa recollera o dorsal o día anterior en Área Central e o Pico Sacro me quedaba de camiño a Santiago, fun directo a saída en vez de ir a Cidade da Cultura coller o bus que me levaría ao Pico Sacro. Cheguei cando faltaba uns 40 min. para o comezo, tempo suficiente para quentar e botar algún conto con outros corredores mentres chegaba a hora do comezo da proba.
Faltaban 5 min. para o inicio e fómonos colocando na saída. Desta vez coloqueime en primeira fila, unha sensación estraña non ter a ninguén por diante pero era onde tiña que estar e tras sincronizarse co crono de meta deu comezo a proba.
Saída moi rápida xa que se vai baixando o Pico Sacro. Nos primeiros metros perdín un par de postos xa que houbo quen quixo baixar a lo louco pero que rápido recuperei e quedeime nun 4º/5º posto. Ao verme tan adiante decidín forzar un pouco máis na baixada para que non se me fosen escapando os corredores aos que perseguía e que despois non dera recuperado a distancia. Ao aumentar o ritmo, fun recuperando algún posto e a altura do Campo de Fútbol de Lestedo (Km 2,5) xa ía 3º. Os dous corredores que levaba por diante ían gañando distancia polo que parecía que iso era o máximo a onde podía chegar.
Remata a baixada constante do Pico entorno ao km 3,5 e por adiante pouco a pouco un dos corredores vaise quedando. Comecei a recuperar a distancia ao igual que me ían facendo a min por detrás.
Estabamos nun sube e baixa que permitía ir moi rápido pero polo km 5,5 o corredor que viña por detrás alcanzoume, púxose detrás para seguir o meu ritmo que estaba sendo forte e así íamos os dous perseguindo ao corredor de adiante ata que no km 7, a altura do cruce da Susana, onde o ano pasado me equivoquei, conseguiámolo adiantar e púxenme nun 2º posto que parecía que ía estar pelexado ata o final.
Seguimos os dous tirando forte pero o terreo comezaba a cambiar, seguía sendo un sube e baixa pero xa predominaba máis as subidas e nunha desas polo km 8,5 pouco a pouco funme quedando atrás sen ser capaz de aguantarlle o ritmo, non foi moita a distancia que me sacara pero non conseguía volver a contactar con el.
Así foron pasando os km's e comezou a parte máis dura da proba, a partir do km 11,2 comezamos a subir sin descanso, primeiro un pequeno tramo de asfalto, zona onde o ano pasado me mandaron por un camiño erróneo pero que este ano estaba todo moito mellor marcado. Logo o que para min é unha das zonas máis duras da proba un subida por un camiño de terra ata Angrois, nesa subida comecei a mirar cara atrás e parecía que me estaban recortando a distancia que levaba, custoume facer esa subida pero non tanto como outros anos nos que rebentei e tivera que facer algún tramo andando.
Chegamos a Angrois e non deixaba de mirar cara atrás porque cada vez estaba máis preto miña o corredor que me perseguía polo que, intento facer un último esforzo durante a subida que hai por Angrois non moi dura pero si longa para logo baixar un pequeno tramo por un empedrado e comezar a última subida a Cidade da Cultura.
Este ano esa última subida cambiou o percorrido e en vez de subir por un lateral todo por asfalto, subimos polos camiño que fixeron no Bosque de Galicia, un zig-zag que se ía endurecendo a medida que subiamos pero que permitía controlar mellor aos perseguidores.
Chegamos a Cidade da Cultura e xa só quedaba desfrutar dos últimos metros sen perder ritmo para manter a distancia e cruzar a liña de meta coas pernas esnaquizadas pero contento do tempo e do rendemento que tiven durante a proba.
O resultado final foi:
Faltaban 5 min. para o inicio e fómonos colocando na saída. Desta vez coloqueime en primeira fila, unha sensación estraña non ter a ninguén por diante pero era onde tiña que estar e tras sincronizarse co crono de meta deu comezo a proba.
Foto: Concello de Boqueixón |
Remata a baixada constante do Pico entorno ao km 3,5 e por adiante pouco a pouco un dos corredores vaise quedando. Comecei a recuperar a distancia ao igual que me ían facendo a min por detrás.
Estabamos nun sube e baixa que permitía ir moi rápido pero polo km 5,5 o corredor que viña por detrás alcanzoume, púxose detrás para seguir o meu ritmo que estaba sendo forte e así íamos os dous perseguindo ao corredor de adiante ata que no km 7, a altura do cruce da Susana, onde o ano pasado me equivoquei, conseguiámolo adiantar e púxenme nun 2º posto que parecía que ía estar pelexado ata o final.
Seguimos os dous tirando forte pero o terreo comezaba a cambiar, seguía sendo un sube e baixa pero xa predominaba máis as subidas e nunha desas polo km 8,5 pouco a pouco funme quedando atrás sen ser capaz de aguantarlle o ritmo, non foi moita a distancia que me sacara pero non conseguía volver a contactar con el.
Así foron pasando os km's e comezou a parte máis dura da proba, a partir do km 11,2 comezamos a subir sin descanso, primeiro un pequeno tramo de asfalto, zona onde o ano pasado me mandaron por un camiño erróneo pero que este ano estaba todo moito mellor marcado. Logo o que para min é unha das zonas máis duras da proba un subida por un camiño de terra ata Angrois, nesa subida comecei a mirar cara atrás e parecía que me estaban recortando a distancia que levaba, custoume facer esa subida pero non tanto como outros anos nos que rebentei e tivera que facer algún tramo andando.
Chegamos a Angrois e non deixaba de mirar cara atrás porque cada vez estaba máis preto miña o corredor que me perseguía polo que, intento facer un último esforzo durante a subida que hai por Angrois non moi dura pero si longa para logo baixar un pequeno tramo por un empedrado e comezar a última subida a Cidade da Cultura.
Este ano esa última subida cambiou o percorrido e en vez de subir por un lateral todo por asfalto, subimos polos camiño que fixeron no Bosque de Galicia, un zig-zag que se ía endurecendo a medida que subiamos pero que permitía controlar mellor aos perseguidores.
Chegamos a Cidade da Cultura e xa só quedaba desfrutar dos últimos metros sen perder ritmo para manter a distancia e cruzar a liña de meta coas pernas esnaquizadas pero contento do tempo e do rendemento que tiven durante a proba.
Foto: Organización |
- Posto xeral: 3º de 169. 🏆
- Posto categoría: 2º.
- Tempo: 58:25 min.
- Ritmo: 3:47 min/km.
Os obxectivos cumpridos mellorei 1:30 min. e iso que este ano ao subir polo Bosque de Galicia creo que a proba se fixo un pouco máis dura. En canto o posto non puiden revalidar o triunfo pero conforme con ese terceiro posto e quedándome "tan só" a 25 seg. do segundo clasificado.
En canto a proba pode resumirse en tres zonas: Unha primeira parte de baixada forte duns 3,5 Km's, logo un sube e baixa constante duns 8 Km's e para rematar a zona de subida duns 4 Km's. Este ano a organización perfecta e voluntarios en todos os cruces conflitivos non como o ano pasado onde me perdín en dúas ocasións. Avituallamentos intermedios con auga e un final moi completo. Como agasallo un libro xa que era o Día das Letras Galegas.
Foto: El Correo Gallego |
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- Sergio Requeijo Requeijo ... 56:25
- Lucas Pouso Vidal ................ 58:00
- Miguel Iglesias Amores ...... 58:25
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- Laura Núñez Naveira ............ 1:10::58
- Loreto Herrero Blanco ........ 1:13:38
- Elisabet Cordeiro Blanco ... 1:14:47
PD: Clasificación completa. Fotos cortesía de: Concello de Boqueixón, Organización da proba e El Correo Gallego. Moitas gracias.
0 comments