V Carreira Nocturna Solidaria de Vedra
- xaneiro 04, 2020
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Primeira carreira do 2020 e nada mellor que facelo na casa. Ademais estaba de estrea xa que comezo unha nova etapa co Atletismo Arenteiro. Tocou participar na V Carreira Nocturna Solidaria de Vedra. Xa facía un par de anos que non puiden participar polo que tiña ganas de volver a unha proba rápida pero moi esixente.
Os obxectivos serían:
- Seguir coa posta a punto para chegar a Febreiro a tope.
- Intentar mellorar o tempo que teño nesta proba que é de 23:37 min. acadados no 2017.
Cheguei con tempo a Vedra xa que quería ver as instalacións do ximnasio para ver si me animaba a anotarme pero terei que pensalo. Recollín o dorsal e fixen o donativo, xa que para poder participar non pagas no momento de inscribirte senón que o fas no momento de retirar o dorsal. Acabo de cambiarme e xa me puxen a quecer porque estaba sendo unha tarde fría. Xusto antes de colocarme na liña de saída, saquei unha foto cos compañeiros de equipos e das carreiras que tamén ía participar.
Tras a foto coloqueime na saída na parte dianteira pero sin estar en primeira fila. Non sabía moi ben como ía reaccionar o corpo despois das festas e chegar sen adestrar nos últimos días. Así tras unha conta atrás, o alcalde a través dunha bucina deu inicio a proba.
Foto: Concello de Vedra |
Arrancamos todos moi rápido, tanto que tras mirar o reloxo ao pouco de empezar marcábame un ritmo en torno a 3:10/3:20 min/km. Mentres seguíamos a ese ritmo, eu ía pensando para min que a ese ritmo non daba acabado pero ía aguantar a ver se por adiante afrouxaban un pouco. Así o primeiro km saíume a 3:20 min/km. Tamén axudado de que o primeiro km é bastante favorable. A partir de aí a proba xa se volve máis rompe pernas e os meus ritmos tamén máis lentos aínda que intentaba seguir gañando posto.
Chegamos a subida máis forte desta proba no Km 2 aprox., era a subida a igrexa, unha forte subida que che rompía o ritmo completamente. Tras subir ese tramo, a proba non che daba respiro e continuabas subindo ata o Km 3,2 aprox. Durante todo o tramo seguín apertando forte o que para min foi un erro xa que desde ese punto xa non fun quen de manter un ritmo decente e comecei a perder postos.
Dende aí practicamente todo o que quedaba era favorable pero as miñas pernas xa non tiñan moitas ganas de seguir tirando aínda que me saíu un km a 3:20 min/km mentres estaba en baixada, ía afogado de todo, estábame custando manter a respiración.
Xa cando restaba 1 Km para meta, pasamos pola parte de atrás da saída e houbo un par de corredores que comezaron a apertar o ritmo pensando que xa íamos cara meta sen saber que aínda había que dar un volta e entrar a meta por onde saímos. Nese momento eu avisei a un dos corredores e este afrouxou un pouco para atacar despois. A verdade é que eu xa ía rodando a velocidade de cruceiro e xa non me estaba preocupando se ganaba ou perdía máis postos. Así cando xa estabamos nos últimos metros perdo dous postos pero a miña carreira xa estaba feita e só quería chegar a meta.

O resultado final foi:
- Posto xeral: 20º de 187.
- Posto categoría: 4º.
- Tempo: 23:37 min.
- Ritmo: 3:38 min/km.
Os obxectivos cumpridos, aínda que non mellorei o tempo si que o igualei polo que podo actualizar a fecha da marca. Ademais se chego a apertar os últimos metros si que tiña opcións a conseguir mellorar o tempo. As sensacións foron boas aínda que me notei que estaba indo a remolque e a última parte da carreira xa sen forzas de forzar todo o que quixese. Ademais conseguín mellorar o posto por categoría quedándome as portas do podio.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- César Otero Pereira ... 21:17
- Manuel O. Pérez López ... 21:24
- Daniel Paz Pardo ... 21:58
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- Tina Fernández ... 24:07
- Nerea Lage Gil ... 27:06
- Aurea Retamal Muñiz ... 27:25
PD: Clasificación completa. Fotos cortesía de: Concello de Vedra. Moitas gracias.
0 comments