II Carreira Nocturna Solidaria de Vedra
- xaneiro 07, 2017
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Primeira
proba do ano, toca correla na casa e ademais por unha boa causa.
Desprázome ata Vedra onde se ía celebrar a II Carreira Nocturna
Solidaria Concello de Vedra, sobre unha distancia de 6,5 km e o
percorrido sería o mesmo que na primeira edición.
Os obxectivos
serían principalmente axudar xa que a carreira é solidaria e o
prezo da inscricións que son alimentos non perecedoiros, irán
destinados as familias que os precisen do concello, ademais
intentarei mellorar o tempo do ano pasado que está en 34:00 minutos
e se damos chegado ao podio moito mellor.
Unha vez cheguei, fun
recoller o dorsal e deixar os alimentos, logo de saudar a coñecidos,
xa me fun preparar para poñerme a quecer porque ía co tempo xusto.
Este ano, a diferenza co anterior, sitúome algo máis atrasado para
non ir tirando forte dende o principio e gardar forzas para a zona da
subida.
Tras darse a saída arranco con precaución coma sempre e
tras os primeiros 150 metros, xusto diante miña vexo como cae unha
corredora, polo que me paro a axudar, aínda que non fixo falta miña
axuda porque xa había máis corredores axudando, polo que volvo a
centrarme na carreira. Quedo algo atrasado e decido comezar a tirar
forte para recuperar as posicións perdidas pero sabendo que tiña
que gardar algo para a subida.
Puxen velocidade de cruceiro e
sentíame moi cómodo, chegamos a subida e comezo a tirar un pouco
máis durante o tramo de subido de 1km aprox. e gaño moitas posicións
(parece que os adestramentos comezan a facerse visibles).
Tras acabar
a subida, o terreo xa sería todo favorable polo que tocaba estar a
fondo seguido. Un corredor venme seguindo dende que se acabara a
subida e adiántame polo km 5, baixando xa que as baixadas non son o meu forte.
Cando acaba a baixada volvo
pasalo e aumentar o ritmo para sacar unha diferenza e ir máis
tranquilo pero el, pensando que xa estabamos chegando a meta aperta máis e cando ve que aínda quedaba un km aprox. para chegar vese
obrigado a afrouxar e é cando eu decido tirar e deixar todo o que me
quedaba, aínda así na recta de meta tiven que sprintar un pouco
para asegurar a posición xa que non mirei cara atrás para saber
onde viña.
O
resultado final foi:
- Posición xeral: 14º de 267.
- Posición categoría: 7º.
- Tempo: 23:37 minutos.
- Ritmo: 3:39 min/km.
Os
obxectivos cumpridos, aínda que non logrei chegar ao podio, baixei
23 segundos o tempo do ano pasado, igualando posición polo que este
ano había máis nivel, con moi boas sensacións e sentíndome forte durante toda a carreira.
En
canto a carreira, para min todo perfecto nada que envidiar as
carreiras grandes de Galicia e ademais esta é solidaria 100% e eses
churros con chocolate do final veñen moi ben para recuperar! O único pero que lle poría sería que ao haber tantas cousas para sortear, a cerimonia fíxose moi larga e había que estar esperando a ver se nos tocaba algo pero da carreira todo perfecto.
🏆 Clasificación
xeral homes 🏆
- Juan Carlos Mosquera Dopazo .......... 21:28
- Alejandro Pesado Fernández ............. 21:46
- César Otero Pereira ............................ 22:07
🏆 Clasificación
xeral mulleres 🏆
- Marinela Mayo Caamaño .................. 25:30
- Tania Silvelo Pallin ............................ 27:40
- Natalia Seoane Otero ......................... 27:52
PD: Clasificación completa. Fotos cortesía do Concello de Vedra, Erik de LIMIACTIVA e TARTARUGAS. Moitas grazas!!!
0 comments