III Carrera Virtual: Decathlon Run Series 2020
- outubro 11, 2020
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Despois de ver o anuncio nunha rede social (non me lembro en cal), busquei información sobre esta proba virtual e non tiña mala pinta, a inscrición era gratis e por completala dábanche puntos na tarxeta de socio de Decathlon, polo que decidÃn inscribirme.
O problema era que levaba un mes aprox. sen adestrar xa que ao non haber probas "oficiais" pois non hai esa motivación de seguir adestrando para buscar un obxectivo e para facer estas probas virtuais en principio a condición fÃsica que teño deberÃa serme suficiente.
Na información da proba poñÃa que era de 5K ou 10K eu non vin en ningún lado onde escoller a distancia, cando rematei a inscrición e me enviaron o dorsal por correo electrónico poñÃa que era para a distancia de 5K. Mellor asà xa que como dixen non estaba moi preparado. Tamén habÃa que escoller a franxa horaria na que Ãas participar, no meu caso escollÃn entre as 10h e as 12h, pensando que habÃa que empezar as 10h e tiñas 2 horas para rematar pero resulta que durante esa franxa podÃas empezar cando quixeses...
10:00h da maña e alà estaba eu no meu circuÃto de carreiras virtuais, aÃnda co almorzo dando voltas no estómago pero pensei que para facer 5K non debÃa ter problemas, gran error...
Arranco a app coa que habÃa que facer a proba e comezo a correr, tamén uso o reloxo para comprobar a distancia ao final pero non sei que lle pasou que non funcionou moi ben: primeiro non me contaba a distancia e despois non Ãa o tempo. Asà fun facendo a primeira das voltas das case 5 que tiña que dar ata que o reloxo volve a funcionar correctamente pero xa levaba unha desfeita en tempo e distancia.
A segunda e terceira volta foron ben, mantendo un ritmo aprox. de 4:00 min/km, non é o meu ritmo habitual pero non creo que estea para moito máis.
A partir da terceira volta viñeron os problemas gordos e que nunca me pasara porque xa tiña coidado e mantiña unha rutina pre-competición. Ao almorzar tan preto da hora de saÃda, tiña o leite dando voltas no estómago e rematando a terceira volta comecei a salivar en exceso e a sentirme algo mareado. Baixo o ritmo a ver se me vai pasando pero durante toda a cuarta volta vou con arcadas e apiques estiven de botar o almorzo fora. Que mal o pasei durante esa volta e media.
A última volta xa fun recuperándome un pouco pero decidÃn non aumentar o ritmo e rematar a proba a trote sin esforzarme máis, asà foi como finalmente me saÃu un ritmo máis de adestramento que de competición.
O resultado final foi:
- Posto xeral: 22º de 458.
- Posto categorÃa: 22º.
- Tempo: 21:04 min.
- Ritmo: 4:12 min/km
0 comments