I Románico Experience

Primeira proba non virtual en tempos de Covid aínda que esta non fose competitiva. Para iso despraceime a Breixa, Concello de Silleda onde se celebraba o I Románico Experience, organizado polo EcoHotel Nós e a Fundación Baiuca Verdescente e que tiña unha distancia de 12Km. Este ano sería a terceira edición deste trail ao cal nunca participara e tiña ganas e ao final tocou desfrutar del aínda que fose como un bo adestramento xa que non había clasificación nin premios. 

O obxectivo sería:
  • A idea sería apertar un pouco para ver que tal están as pernas esperando a que pronto se poida volver a competición.
Despraceime ata o lugar da carreira cos compañeiros da SD Bandeira que tamén ían participar na proba. Tras rematar de cambiarme e recoller o dorsal, sempre ca mascarilla posta, sacamos unha foto co incombustible Jesús Bernal e cos compañeiros do ex equipo que tamén ían participar nesta proba.

Foto: Jesús Bernal
Tras a foto un pouco de quecemento para non saír en frío. O día estaba perfecto para correr, nubrado e con unha boa temperatura. Chegada a hora colocámonos na saída seguindo as instrución para respectar as normas, mantendo unha distancia cos outros corredores e coa mascarilla posta que a poderíamos sacar pasados uns 500 m. aprox. cando xa se estirase o grupo.

Foto: Jesús Bernal
Despois de unha conta atrás, arrancou a proba, aínda que non era competitiva saíuse como se o fose e eu coma sempre, un pouco máis atrasado para ir pouco a pouco collendo ritmo e recuperar postos.

Cando vexo que os outros corredores comezaron a sacarse a mascarilla tamén a saco eu e a correr máis cómodo. Os primeiros 700m. eran por asfalto o que fixo que recuperase unha boa cantidade de postos quedándome nun cuarto lugar. A partir de aí entramos nunha pista de terra onde predominaba a subida. Non forcei moito e só intentaba seguir ao corredor de adiante. Rematada a subida xa preto do Km 2 comezo a marcar o ritmo do principio e gañar os últimos postos ata poñerme en primeira posición. Era a primeira vez que lideraba unha proba de trail. Comezáronme a xurdir dubidas se ía ser capaz de seguir a sinalización indo adiante pero pensei que era o mesmo que cando perdo contacto co grupo e teño que "guiarme" só (normalmente prefiro seguir a alguén e non preocuparme moito das marcas a seguir).

Así foron pasando os Km's seguía primeiro e con unha boa distancia co perseguidor. Cheguei ao avituallamento situado no Mosteiro de Carboeiro, Km 4,8 aprox., no cal non parei xa que levaba eu a miña auga e non precisaba nada máis. Ata este avituallamento o terreo foi todo favorable onde predominaban as baixadas pero agora todo ía cambiar.

Comezamos a subir, as pernas xa non as notaba tan ben coma antes e a respiración volveuse máis axitada. Algunha pendente era un pouco máis técnica pero fácil de facer e continuaba por falsos 'llanos' que picaban cara arriba que che facía ter que espremerte para manter un bo ritmo. Así estivemos ata o Km 6,7 onde tivemos que facer unha moi forte baixada por asfalto e chegar a Área Recreativa de A Carixa. Esta baixada desfacíache muscularmente xa que tiña moita inclinación e a forza de impacto contra o chan era maior. Dende aí continuamos un treito máis por asfalto pasando ao carón do Arco da Carixa e volvemos a introducirnos no monte. Outra vez a subir, un primeiro treito duro onde se notou o esforzo da baixada anterior e no que teño que botarme a andar por primeira vez para beber un pouco e recuperarme pero sempre mirando cara atrás para controlar a distancia cos perseguidores. Tras ese tramo un pouco máis duro continuamos subindo pero xa con pendentes máis fáciles o que me permitiu volver a un ritmo óptimo para a carreira e así estiven ata o Km 9 aprox.

Saímos do monte e comezamos a correr entre casas, nese punto xa se me estaba facendo o trail máis largo do que pensaba, non tanto polo cansancio senón que non me daba a sensación de que estivesen pasando os km's e non facía máis que mirar cara atrás para asegurarme o posto. Así fun estes últimos 3 Km onde foi un continuo sube e baixa ata que por fin chego a meta mantendo o primeiro posto. 

Agora xa só quedaba recuperar un pouco o alento, volver a poñer a mascarilla, esperar a que chegasen os compañeiros da SD Bandeira e sacarnos unha foto co speaker da carreira, Terio Carrera.


O resultado final foi:
  • Posto xeral: 1º 🏆
  • Posto categoría: -
  • Tempo: 58:45 min.
  • Ritmo: 4:47 min/km.
Os obxectivos máis que cumpridos xa que non esperaba "gañar" esta proba que, aínda que non era competitiva, si que che motiva máis a seguir adestrando para cando se retomen as probas oficiais e populares. Ademais resultei ser o gañador do sorteo que se fixo entre os participantes onde o premio era unha cea no EcoHotel Nós.

Foto: Jesús Bernal
En canto a proba e bastante propicia para corredores que queiran empezar no trail xa que non ten zonas técnicas como cortalumes, pedras soltas... Todo o tempo se vai por sendeiros e zonas asfaltadas. Tamén dicir que o percorrido segundo me comentaron os compañeiros non tiña nada que ver co de outros anos onde se ía ata a Fervenza da Toxa e que era máis complicado. Avituallamento intermedio e final. Posiblemente notei a falta de algunha cinta para marcar mellor o camiño e nalgún cruce algunha marca no chan para confirmar o percorrido xa que por momentos non sabía ben se estaba a seguir o camiño correcto.

PD: Fotos cortesía de: Jesús Bernal. Moitas gracias.

Tamén che pode gustar:

0 comments