IX Carrera Virtual Solidaria de Papá Noel

Despois de ver unha publicación no Instagram de SportLife, busquei info sobre esta proba e decidín anotarme a IX Carrera Virtual Solidaria de Papá Noel. A proba duraría dende o 4 de Decembro ata o día 20 de Decembro, durante eses días podías realizar a distancia que quixeses (1Km, 5Km ou 10Km) tantas veces como queiras e só che contaría o tempo máis rápido. A parte esta proba ten un carácter solidario xa que unha pequena parte da inscrición (xa podían destinar máis...) ía parar a Cruz Roja.

A verdade é que non sabía en que distancia participar xa que só levaba 3 semanas adestrando para ir collendo o ritmo de cara ao seguinte ano xa que espero que todo vaia volvendo a "normalidade" e volvan as probas de atletismo. Aínda que podía participar nas 3 distancias preferín centrarme en unha soa. Tras realizar unha pequena sondaxe en Instagram o resultado foi dun 82% para que participara na distancia de 10Km polo que xa só quedaba que chegase o día. A idea principal que tiña era de facer 8 intentos, basicamente sería pola semana correr tres días con un día de descanso no medio e o finde de descanso agás o último finde que farei un último intento o último día.

Primeiro intento

O primeiro día de competición non sabía moi ben que tempo ía conseguir a parte había temporal polo que podía facer vento e choiva e facer que o tempo fose un pouco peor. Por sorte no momento que realicei a proba estivo o tempo tranquilo e non me penalizou. En canto a proba, intentei ir rápido para ver que tempo podía conseguir e as sensacións foron bastante ben ata o km 7 onde me empezou a doer un ombro. Xa facía tempo que non tiña esa dor, creo que é tema postural ou tensión ao correr, aínda que me permite seguir correndo ben e bastante molesto. Non sabía moi ben como ía a app coa que hai que facer a proba xa que só fixen un adestramento con ela e non me contara o tempo polo que tras completar a distancia e parar o reloxo, collo o móbil e perfecto a app contoume a distancia e ten parada automática. Contou uns 14 seg. de mais compara co reloxo pero non lle din moita importancia. Unha vez rexistrado o tempo que foi de 38:41 min. que supoñía un ritmo de 3:52 min/km quedei situado no primeiro posto. Claramente aínda era o primeiro día e só realizaran a proba 9 persoas, pero satisfeito co resultado.


Segundo intento

Tras o fin de semana outro corredor fixo mellor tempo poñendo a marca en 38:24 min superando a miña por 17 seg. Agora a proba xa se volvía máis interesante e xa corro contra o reloxo e tendo un obxectivo a superar. Neste segundo intento saín moi rápido facendo os tres primeiro km's por debaixo de 3:45 min/km (isto sería o normal en competición con máis corredores pero só, é máis complicado manter un ritmo rápido). A partir de aí o ritmo empeorou pero ía mirando constantemente o reloxo para ver que o ritmo medio non subise moito e poder acabar mellorando o tempo do primeiro clasificado. Que longos se me fixeron os últimos 3 km a parte desta vez si que me tocou mollar durante dous km's. Tras apertar durante todo o último km completo a distancia e... ¡tempo superado!. Conseguín mellorar en 15" a marca do primeiro clasificado acadando un tempo de 38:09 min. que supoñía un ritmo de 3:48 mim/km. Volvín ao primeiro posto a espera de ver que pasa nos seguintes días antes do meu seguinte intento.


Terceiro intento

Tiña pensado correr e un día de descanso para recuperar pero despois do intento anterior quedei bastante tocado de pernas e tiven que descasar un par de días máis para recuperar ata que me sentín xa ben e a por outro intento. O día estaba perfecto non había ameaza de chuvia e nada de aire polo que era propicio para intentar mellorar que ata agora teño (38:09 min.) e que de momento me serve para manter o primeiro posto. Tras o quecemento, comezo a proba coa lección aprendida do intento anterior e arranco máis tranquilo para chegar mellor aos últimos km's. Así foron pasando os km's pero o que tiña que ser un ritmo constante entorno a 3:45 min/km cada vez era máis lento e notábame coas pernas pesadas. Esta sensación xa me tiña pasado en adestramentos e sabía que non ía a conseguir recuperar as sensacións polo que decido abortar o intento tras percorrer 5,5 Km onde o ritmo medio acabou sendo de 3:55 min/km lonxe do que tiña que ser. Esperemos que o seguinte intento sexa mellor e poder facer un bo tempo.

Cuarto intento

Tras o intento anterior frustrado, ía intentar correr máis polas sensacións que mirando o reloxo xa que ao ir mirando seguido tendo a apertar máis da conta ao principio e chego pedindo a hora nos últimos km's. Así foi como arranquei facendo os primeiros km's por encima do ritmo obxectivo para mellorar o meu rexistro. Pouco a pouco íame atopando mellor e estaba correndo máis rápido. De vez en cando miraba o reloxo para comprobar o ritmo medio e todo marchaba ben xa que estaba preto do obxectivo. Cando restaban 2Km para chegar aos 10Km comecei a apertar como si de series se tratara para poder facer o menor tempo posible xa que ata aí o tempo ía ser moi parecido ao que xa tiña ou un pouco superior polo que tiña que recortar o tempo nestes dous últimos km's. Así foi como me saíron uns ritmos de 3:43min/km e 3:36min/km respectivamente e parar o reloxo nun tempo de 37:36min. que supoñía un ritmo de 3:46min/km. Aínda que pola app o tempo foi superior ao que xa tiña porque debeu de haber algunha perdida de sinal co gps e tiven que mandar o rexistro do reloxo "manualmente". Con este tempo conseguía unha distancia de 48 seg. a espera de ver o que pasa nos últimos días.


Resultado final

  • Posto xeral: 1º de 227.
  • Posto categoría: 1º.
  • Tempo: 37:36 min.
  • Ritmo: 3:46 min/km
A verdade que cando me anotei a esta proba nunca pensei que podía a ser o máis rápido xa que sempre aparece alguén con unha marca a que eu de momento non son capaz de chegar e menos correndo só. Finalmente só catro intentos dos oito que tiña pensado facer pero foi mellor así menos intentos pero de mellor calidade xa que o corpo non me ía asimilar o esforzo de ir sempre rápido como se comprobou no terceiro intento. Paseime todo o último día comprobando a app vendo se alguén era capaz de conseguir mellorar o meu rexistro por se tiña que intentar facer un último intento pero ao final non foi necesario e o segundo quedouse a 37 seg. Finalmente segundo publicou a organización recaudáronse 4.000€ que recordo que ían destinados a Cruz Roja.


Tamén che pode gustar:

0 comments