XX Cross de Boborás
- xaneiro 19, 2020
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Tocou participar nun pseudo cross xa que volvería despois de tres anos ao XX Cross de Boborás. Con un percorrido de 7,4 Km por pistas de monte e algún tramo de asfalto. Totalmente distinto a un cross puro onde hai que correr con zapatillas de cravos para esta proba, pódese levar unhas zapatillas de asfalto tranquilamente e se o día está mollado e se espera barro unhas de trail.
Os obxectivos serían:
- Sempre que o percorrido sexa igual, intentar mellorar o tempo que teño nesta proba que é de 29:17 min acadados no 2017.
- Manter o bo rendemento que obtiven na última proba.
Chegamos cedo a Boborás, recollemos o dorsal e esperamos a que fose a hora para cambiarse porque o día estaba bastante frío. Cando restaban 30 min. cambiámonos e xusto antes de poñernos a quecer sacamos unha foto cos compañeiros de equipo que ían disputar a proba.
Tras a foto, púxenme a quecer mentres comprobaba o estado do primeiro tramo da carreira xa que tiña medo de que houbese moito barro e fose esvaradío xa que levaba as zapatillas vellas de asfalto e tiña a sola lisa pero parecía que se ía poder correr ben con elas.
Rematado o quecemento, quedei pola zona de saída esperando a que fósemos chamados a colocarnos. Chegado o momento puxémonos todos na saída e quedei nunha segunda fila. Creo que nunca saíra tan adiante nesta proba pero mellor así porque o primeiro tramo é estreito e é mellor ir nos primeiros postos. Así tras un pequeno atraso, deu comezo a proba.
Arranquei con moita precaución o que provocou que perdera uns cantos postos pero non me preocupaba moito xa que tras saír da zona estreita xa se podía correr ben o que provocou que comezase a recuperar eses postos mentres marcaba o meu ritmo.
Tras a primeira subida, tiña a idea que había que facer un xiro e seguir subindo máis ao "estilo trail" pero ese xiro non chegou. Facía tres anos que non ía e igual ese xiro estaba máis adiante. A proba seguía cunha baixada ata que facemos un xiro, Km 2,3 e comezamos a subir. Non era o xiro que estaba esperando e aí comecei a pensar que o percorrido non era o mesmo. Menuda subidiña nos estaba esperando... Estivemos subindo constantemente durante 1 Km aprox. con algunha zona con máis pendente que outra. Notouse que me falta forza nas subida porque a vantaxe que tiña cos perseguidores víase reducida neses tramos costa arriba.
Rematada a subida, tocou baixar e comezaron os problemas xa que o terreo estaba mollado e había zonas con bastante barro. Eu cas zapatillas de asfalto estaba sufrindo bastante e estaba indo con precaución, sobre todo nos xiros onde me daba a sensación de que non daba freado. Onde estiven apiques de caer foi no Km 4,5 empecei a esvarar baixando por unha zona de asfalto e non me faltou nada para bicar o chan. Nese punto perdín un par de postos xa que ao ir con precaución e que tocaba volver a subir o ritmo estaba sendo peor.
Foi unha pequena subida pero intensa, logo estivemos llaneando un pouco onde conseguía manterme cos corredores que me adiantaran ata que chegou a baixada no Km 5,5. A partir de aí os corredores empezáronse a escapar, eu como estaba indo con tino e a baixada tiña zonas con bastante barro non conseguía sentirme cómodo para forzar e intentar seguilos. Cando chegamos a zona pola que xa pasaramos ao comezo da proba, Km 6,5, intentei apertar para recuperar algún posto pero non me foi posible e así cheguei a meta, satisfeito pero non moi contento co rendemento.
Foto: Maribel |
O resultado final foi:
- Posto xeral: 11º de 203.
- Posto categoría: 5º.
- Tempo: 29:20 min.
- Ritmo: 3:58 min/km.
Os obxectivos non foron conseguidos xa que o percorrido era distinto e dende o meu punto de vista máis duro. As sensación non foron moi boas, ao principio parecía que ía ben pero despois ía como desconectado da carreira e máis preocupado de non caer e chegar sen consecuencias a meta.
O que máis me gustou é que creo que é a primeira vez que me ducha en auga quente nesta proba e parecía que había auga para todos. ¡¡Un dos grandes puntos que había que mellorar e está solucionado!!
O que máis me gustou é que creo que é a primeira vez que me ducha en auga quente nesta proba e parecía que había auga para todos. ¡¡Un dos grandes puntos que había que mellorar e está solucionado!!
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- Elpidio Gómez Sousa ... 26:11
- Sergio Requeijo Requeijo ... 26:17
- Albino Fernández García ... 27:13
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- Begoña Domínguez Montes ... 31:18
- Mª del Carmen Arias Martínez ... 32:27
- Ana I. Soutullo Paradela ... 34:13
0 comments