Trail da Cidá 2020

Tocou regresar ao monte e para iso despraceime ata Ribeira onde se celebraba o Trail da Cidá, sobre unha distancia aproximada de 14Km e con un desnivel positivo duns 600m. Primeira proba do Circuíto Revolutrion Trail Series 2020 que consta de 5 probas no cal non me anotei por incompatibilidade no calendario.

Os obxectivos serían:
  • Facer a proba a modo adestramento para traballar un pouco a forza.
  • Desfrutar e chegar sen contratempos a meta.
Cheguei co tempo perfecto para poder aparcar con facilidade e ir recoller o dorsal. Nada máis cheguei atopeime co compañeiro Eduardo e xa me sacou unha foto para o blog (tiña que dicilo que senón despois non me saca máis fotos... jajaja). 

Foto: Arousa Neo
Cando ía recoller o dorsal, creo que por primeira vez me equivoquei de fila xa que pedín o dorsal na cola dos participantes que ían facer o circuíto e non unicamente para esta proba.
Xa co dorsal, acabei de cambiarme e púxenme a quecer un pouco para estirar as pernas mentres saudaba a compañeiros de carreira que tamén ían disputar a proba. Chegado o momento coloqueime para a saída, algo máis atrasado xa que a idea que levaba era de ir máis tranquilo e ir apertando segundo fora respondendo o corpo. Así tras unha conta atrás deu comezo a proba.

Saída dende a praza do Concello, onde recuperei moitos postos durante os primeiros 400m fomos por asfalto e xusto cando tocaba entrar ao monte, formouse un embotellamento e tivemos que parar para poder pasar practicamente de un en un. A partir de aí comezamos a subir ata o Km 2, durante este traxecto pasamos pola capela de San Roque. As sensacións estaban sendo boas, claramente estabamos no comezo da proba e todo ía ben.

Logo tocou baixar durante 1,5 Km aproximadamente con algunha zona técnica e outras con moito barro pero de momento íase levando ben. Logo veu unha zona un pouco máis "tranquila" con subidas e baixadas constantes ata o Km 5,3 onde comezamos unha dura subida con rumbo ao Miradoiro da Ra. Antes no punto quilométrico 4,7 houbo unha zona moi complicada onde tiñamos que baixar por unha gran rocha que estaba moi esvaradía e xusto no medio dela había que facer un xiro onde non me faltou nada para caer.

Durante a subida ao Miradoiro da Ra que ía dende o Km 5,3 ata o Km 6 tivemos que facer un pouco de escalada, xa que subimos por unhas cordas que nos facilitaban a subida por unhas rochas que se non as chegan a poñer seguramente por aí non se daba subido do esvaradío que estaba. A partir de ese punto comecei a perder postos, o corpo xa non tiña ganas de máis pero había que seguir.

Tras facer cumio había que baixar e fixémolo en dous tramos, primeiro baixamos uns 350m. logo tocou subir uns 200m. para acabar baixando ata o Km 7,3. A partir de aí comezamos a subir novamente pero pouco a pouco con algunha pequena baixada aínda que predominaban as subidas. No Km 8,2 estaba o avituallamento intermedio do cal, como é habitual pasei xa que levaba eu a miña auga. Así estivemos ata o Km 10,3 onde comezamos a última subida forte da proba.

Foto: Arousa Neo
Esta última subida levaríanos ata o Casto da Cida Km 11,3, a partir de aí xa foi todo baixar. Eu intentaba tirar forte xa que seguía perdendo algún posto pero o corpo non tiña moitas ganas de competir e os ritmos eran "tranquilos" polo que o enfoque antes da proba de facela en modo adestramento foi o mellor que puiden facer.

Foto: Suso Balado
Recordaba o último tramo da proba de facelo o ano pasado pero tras pasar polo Parque Periurbano de San Roque, xiramos cara outro lado e xa non sabía moi ben por onde estabamos indo ata que volviamos ao trazado do ano pasado uns metros despois xa para rematar a proba.

O resultado final foi:
  • Posto xeral: 68º de 345.
  • Posto categoría: 20º.
  • Tempo: 1:26:55.
  • Ritmo: 6:13 min/km.
Os obxectivos cumpridos pero non contaba con sufrir tanto. A idea era facer a proba en modo adestramento e máis tranquilo para rematar ben pero a proba foi máis esixente do que esperaba e creo que se chego a ir a competir máis forte posiblemente houbese chegado a meta bastante esnaquizado. Polo menos ao ir máis tranquilo puiden desfrutar das grandes vistas aínda que por segundo ano consecutivo pasei polo Castro da Cidá e non me din de conta... terei que volver pero en modo turismo e así contemplar con tranquilidade as paisaxes.

En canto a proba creo que este ano foi máis dura e con moitas zonas de barro e auga onde esvarei en varias ocasións pero sen chegar a caer. Voluntarios nos cruces máis perigosos ou con posibilidade de equivocarse. Avituallamento intermedio e final moi completo. Duchas no Complexo Deportivo A Fieiteira. Algo que me gustou máis do ano pasado foi a subida o Miradoiro da Pedra da Ra xa que a víamos de fronte e este ano fomos por un lado e non chegamos a vela.


🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Carlos Lorenzo Blanco ... 1:12:09
  2. Víctor González Horta ... 1:12:23
  3. Óscar Brión Brión ... 1:12:25
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Verónica Calvo Dopazo ... 1:27:10
  2. Elena Matalobos Redondo ... 1:28:46
  3. Alina Cimpean ... 1:32:15
PD: Clasificación completa. Fotos cortesía de: Arousa Neo e Suso Balado. Moitas gracias.

Tamén che pode gustar:

2 comments

  1. Boa crónica!

    Menos mal que te prestas a faser a foto, senon: ti riviento!!!😅😅

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas gracias Eduardo!!
      Tereino en conta, para a próxima cando te vexa xa vou posando! 😂😂

      Eliminar