X Carreira do Cocido

Despois de non poder correr a semana pasado o Trail da Camelia por unha contractura no pescozo, tocou regresar para a X Carreira do Cocido de Lalín con un percorrido que podías escoller entre 5K e 10K. No meu caso, anoteime aos 10K xa que a fixera o ano pasado e quería comprobar o estado no que estaba despois de non poder adestrar pola contractura.

Os obxectivos serían:
  • Intentar mellorar o rexistro acadado o ano pasado de 37:26 min.
  • Comprobar o estado no que me atopaba para afrontar a seguinte semana o 10K de Padrón.
Cheguei a Lalín cedo xa que tiña que recoller a roupa do equipo, agora xa estou uniformado. Como aínda quedaba tempo fun tranquilo recoller o dorsal e alí xa fun saudando a compañeiros de carreira. Logo volvín ata o coche para acabar de cambiarme e volver para a zona de saída xa quecendo. Tras uns 20 min. quentando voume achegando ao arco de saída buscando unha boa posición, aínda que como a saída era conxunta cos que ían facer 5K, quedeime un pouco máis atrás para non estorbar moito xa que en principio estes irían máis rápido. Así tras unha conta atrás arrancou a proba.

Foto: Fernando Alva
Non arranquei moi ben e non atopaba moito sitio por onde gañar postos durante os primeiros 200m. despois a cousa cambiou e xa era máis fácil recuperar. O ritmo estaba sendo bastante bo e o pescozo non me estaba molestando polo que todo tiña boa pinta.

Foto: Photoerikactivo Cuba
Comecei unha remontada que duraría ata o Km 5 ata aí todo foi ben gañando postos e mantendo un ritmo medio de 3:38 min/km axudado polo terreo favorable que ata ese punto había pero a partir de aí todo foi a peor. Cada Km que pasaba era máis lento que o anterior, moitos dos postos recuperados funos perdendo sin ser quen de facer nada. Xa non tiña forzas e aínda quedaba moita carreira por diante, a máis dura, xa que había varias pendentes fortes.

Foto: VII Legio Gemina
Xusto antes de saír do paseo do pontiñas Km 7,8 onde comezaban as pendentes máis duras, dábame a sensación de ir parado e así fun practicamente todo o que me quedaba de carreira.

Foto: Photoerikactivo Cuba
Xa no último xiro encarando a longa recta de meta pasóuseme pola cabeza que non ía dar chegado xa que me comecei a sentir algo mareado polo que tiven que deixarme ir e non puiden apertar nada. Nesta recta perdo outro posto pero eu xa non podía máis e tiña medo de que o mareo fse a máis. Así chego a meta coas forzas xustas e quedándome claro que non foi un bo día.

Foto: Fernando Alva
O resultado final foi:
  • Posto xeral: 46º de 464.
  • Posto categoría: 14º.
  • Posto por equipos: 2º.
  • Tempo: 39:45 min.
  • Ritmo: 3:57 min/km.
Os obxectivos non acadados xa que me quedei a 2:19 min. da marca do ano pasado, perdín 16 postos dende o punto de control do Km 5 e as sensación foron bastante malas pero de aquí só se pode mellorar. Polo menos os primeiros 5K saíron bastante ben moi preto da miña mellor marca nesa distancia polo que falta un pouco de rodaxe e pouco a pouco estarei ao máximo. Ao final un segundo posto por equipos que non está nada mal.

🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Jose Canda Louzao ... 33:43
  2. Ricardo Vázquez Vaamonde ... 34:28
  3. Manuel O. Pérez López ... 34:57
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Covadonga Vázquez Sánchez ... 42:58
  2. Nati García Sánchez ... 44:17
  3. Sandra Fernández Yáñez ... 44:40
Pd: Clasificación completa. Fotos cortesía de: Fernando AlvaPhotoerikactivo Cuba (Álbum 1 - Álbum 2) e VII Legio Gemina. Moitas gracias.

Tamén che pode gustar:

0 comments