XVIII Padrón 10K

Tras non atopar boas sensacións na proba da semana anterior, tocaba recuperalas e para iso despraceime ata Padrón onde se celebraba a XVIII Padrón 10K. Con un percorrido de 5Km practicamente chan, ao que teríamos que dar dúas voltas ata completar a distancia.

Os obxectivos serían:
  • Intentar mellorar o tempo que teño nesta proba que é de 36:45 min acadados o ano pasado.
  • Quedar no mellor posto posible para a clasificación por equipos.
Cheguei ben de tempo pero polo visto todos foron con tempo xa que case non atopo onde aparcar. Tras conseguir aparcar, fun recoller o dorsal, volvín para acabar de cambiarme e xa me puxen a quecer. Aínda faltaba para o comezo da proba pero o día estaba ventoso e algo frío polo que mellor estar en movemento. Cando restaban 5 min. funme achegando a liña de saída para coller un bo sitio e alí esperei a que dera comezo a proba que arrancou tras unha conta atrás.

Foto: Organización
O que pensei que era un bo sitio non o foi tanto xa que arranquei con moitos atrancos e con algún tropezo no que case vou o chan por sorte non pasou nada. Pasados os primeiros 200m. xa se comezou a estirar o grupo de corredores e xa comecei a recuperar postos pero pouco a pouco porque seguía sen haber moito sitio. Así fun ata o Km 1,5 onde por fin puiden marcar o meu ritmo. O bo de que nesta parte do percorrido non conseguise recuperar todos os postos que quixese foi que fun protexido do vento en contra que facía dirección Pontecesures.

Tras dar a volta e poñer rumbo cara Padrón o vento estaba a favor e literalmente íase voando. Isto fixo que recuperase un gran número de postos e que marcase uns ritmos moi bos. Así completo a primeira das voltas marcando un tempo de 18:07 min. que supoñía un ritmo de 3:37 min/km.

Foto: Organización
Arranquei a segunda volta co mesmo ritmo e coa intención de seguir recuperando pero non contaba co forte vento que facía. Na primeira volta ao ir en grupo apenas se notou pero nesta segunda volta estaba indo só e había algunha racha de vento que pensaba que ía tirar comigo. Isto fixo que tivese que gastar máis forzas para seguir avanzando contra o vento. Ata que alcancei a un compañeiro de equipo e imos xuntos dende un pouco antes de facer o xiro para volver cara Padrón.

Tras o xiro o vento estaba a favor o que axuda a non perder moito ritmo. Eu xa ía coas forzas xustas e vou perdendo algún posto, mentres seguía co compañeiro de equipo.

Foto: Organización
Na longa recta de meta o compañeiro de equipo comeza a tirar máis forte o que lle permite gañar un par de postos, eu xa estaba no límite e entre que unha parte da recta de meta é por adoquines os cales odio correr, intento manter o ritmo e conservar o posto. Por detrás non había moito perigo polo que aínda que aperto un pouco consigo chegar a meta mantendo o posto e satisfeito co resultado.

Foto: Organización
O resultado final foi:
  • Posto xeral: 73º de 499.
  • Posto categoría: 22º.
  • Posto equipos: 2º 🏆.
  • Tempo: 36:47 min.
  • Ritmo: 3:40 min/km.
Os obxectivos aínda que non mellorei o tempo do ano pasado, tan só me quedei a 2 seg. do rexistro e acabei bastante satisfeito xa que non chegaba nas mellores condicións e fixen unha boa carreira. Como premio final conseguimos ser segundos por equipos.

Foto: Organización
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Antonio Benito López ... 30:34
  2. Alejo Ares Prada ... 30:54
  3. Alejandro Martínez Fernández ... 31:22
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Tina Fernández ... 37:40
  2. Mª Manuela Mayo Caamaño ... 39:49
  3. Penélope Martínez ... 40:17
PD: Clasificación completa. Fotos cortesía de: Carreiras Populares Concello de Padrón. Moitas gracias.

Tamén che pode gustar:

0 comments