XIV Campionato Galego de 10K en ruta 2023 (Carballo)

Primeira vez neste concello e nun dos obxectivos da tempada aínda que non chego nas mellores condicións por falta de adestramento. Tocou participar no Campionato Galego de 10Km en ruta que este ano tiña como sede Carballo, sobre un percorrido homologado a dúas voltas.

O obxectivo sería:
  • Intentar mellorar o tempo que teño este ano de 37:16 min acadados en Padrón 2023.
  • Se me atopo ben intentar mellorar o mellor tempo que teño na distancia de 35:50 min. acadados en Ourense 2018.

O resultado final foi:
  • Posto xeral: 59º de 202
  • Posto categoría: 18º
  • Tempo: 37:11 min.
  • Ritmo: 3:42 min/km
O obxectivo conseguido, saín tranquilo buscando as boas sensacións e na primeira volta fixen 18:45 min. a partir de aí comecei a apertar xa intentando mellorar o tempo de Padrón e rematando a segunda volta en 18:26 min. conseguindo así mellorar o tempo en 5 seg. non é moito pero satisfeito xa que non estou adestrando.

O percorrido é rápido cunha longa recta de saída en subida pero despois todo bastante favorable e que permite recupera o que se pode perder nesa recta. Para chegar a meta tamén se vai en leve subida pero apenas se nota. Na segunda volta esa longa de recta en subida si que se nota máis polo que hai que ir con algo de reserva para afrontala e despois xa ao que dea o corpo. 

En canto a organización bastante ben xa que ademais dos 10K, había un 5K tamén homologado, boa zona para aparcar, lebres a partir dos 40 min., voluntarios nos cruces, avituallamento intermedio con auga e final con isotónico e barrita, zona de fisioterapia, as duchas un pouco lonxe pero podíase ir ben a pé e agasallo dunha camiseta.
Non notei nada en falta incluso sendo campionato, tras pasar cámara de chamadas puidemos seguir quentando sen meternos nun recinto pechado.

🏆 Clasificación Xeral Homes 🏆
  1. Carlos Porto Pazos ... 30:47
  2. Anxo Castro Varela ... 31:24
  3. Jesse J. Corro Roufett ... 32:22
🏆 Clasificación Xeral Mulleres 🏆
  1. Laura Santos Domínguez ... 34:19
  2. María Cedrón Aira ... 35:13
  3. Uxía Pérez Bugarín ... 36:00
Pd.: Clasificación completa. Moitas grazas por pasarte.

Tamén che pode gustar:

0 comments