VIII Carreira Abanca Semana Verde

Tocou regresar a Carreira Abanca Semana Verde de Galicia dentro do programa da Semana Verde en Silleda. Proba cun percorrido de 7 Km aprox. e algo duro xa que é bastante rompe pernas e cunha subida case no final bastante dura.

O obxectivo sería:
  • Intentar o podio xa que non hai moitos inscritos e pode haber algunha opción.

O resultado final foi:
  • Posto xeral: 14º de 95.
  • Posto categoría: 5º
  • Tempo: 24:16 min.
  • Ritmo: 3:54 min/km
O obxectivo non se conseguiu. Saín tranquilo xa que nos primeiros metros na Semana Verde sobre os adoquíns esvarábase un pouco pero pasado ese tramo comecei a apertar e íame sentindo bastante ben ata que a falta de 2 Km me deu flato e xa tiven que ir máis tranquilo e non puiden pelexar polo podio que durante algún tempo estiven 3º da categoría.

O percorrido xusto antes da saída anunciaron que dos 7 Km anunciados pasaba a 6 Km non sei cal foi o motivo pero o recorrido foi o mesmo que dos anos anteriores. Saída dende o recinto da Semana Verde e unha vez saímos del, comezaba un sube e baixa constante sobre terra e asfalto cunha forte baixada e subida nos últimos Km's ao carón da autoestrada.

En canto a organización máis ou menos, había zona habilitada para aparcar os corredores pero non no sitio que poñía o regulamento xa que fun alí e dixéronme que era na seguinte zona, cheguei e non sabían nada ata me pediron acreditación para poder aparcar alí. Voluntarios nalgún cruce non en todos, avituallamento intermedio con auga e final completo. As duchas ao carón da meta pero case non botaban auga e agasallo dunha medalla finisher e unha camiseta.
Hai que mellorar a zona de aparcar e poñelo ben no regulamento ao igual que o tema da auga nas duchas e darlle unha volta ao percorrido xa que estando dentro do programa da Semana Verde creo que ten potencial para que sexa unha carreira única, incluso cambiala de día xa que é unha día pouco habitual o Venres as 20:40h.

🏆 Clasificación Xeral Homes 🏆
  1. Abel Barros González ... 21:35
  2. Sergio Requeijo Requeijo ... 21:55
  3. Míchel Fernández García ... 22:23
🏆 Clasificación Xeral Mulleres 🏆
  1. Lucía Peón Santomé ... 26:54
  2. Fina Blanco Pena ... 28:53
  3. Nuria Mejuto Fernández ... 28:57
Pd.: Clasificación completa. Moitas grazas por pasarte.

Tamén che pode gustar:

0 comments