V Trail Subida Pico Muralla
- xuño 11, 2023
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Tras correr hai dous días a Carreira Abanca Semana Verde, fun participar por primeira vez neste trail aínda que xa coñecía algunha parte de cando fixen o Trail Castro Barbudo. Tocou desprazarse ata Rianxo, concretamente ata Taragoña onde se ía celebrar o V Trail Subida Pico Muralla sobre unha distancia de 22Km e case 1000 m+.
O obxectivo sería:
- Desfrutar da proba.
O resultado final foi:
- Posto xeral: 23º de 50.
- Posto categoría: 6º.
- Tempo: 2:12:33
- Ritmo: 6:06 min/km
O obxectivo pódese dicir que conseguido apesar de sufrir nos últimos km's cos xemelgos a carreira é entretida e púidose desfrutar dela. Saín dos últimos para intentar manter un ritmo constante e non ir demasiado rápido ao comezo. Ao intentar manter o ritmo constante forceime nas subidas a ir correndo o que finalmente paguei ao final cos xemelgos. Perdín un par de postos e puiden perder un máis pero o corredor do Tríatlon Vilagarcía non me quixo adiantar na recta de meta. Tamén tiven sorte cando estaba baixando perseguindo a un compañeiro de equipo xa que torcín un nocello e nese momento asusteime bastante porque se debeu torcer ata o límite pero puiden seguir correndo sen problemas.
O percorrido pareceume duro e rápido. O primeiro Km e medio para correr mentres se vai estirando o grupo de corredores e a partir de aí xa comezamos a subir seguido ata o Km 6 aprox. Baixamos un pouco para "recuperar" e comezar a subida ao Pico Muralla ata o Km 11. Dende aí xa practicamente todo o tempo baixando ata unha última subida de 1Km aprox. ata o Castro Barbudo xa no Km 19. Os últimos 3Km restantes con terreo favorable ata meta.
En canto a organización o positivo foi a boa zona para aparcar nas inmediacións do polideportivo que era onde estaba a saída, ademais do trail tamén había unha andaina, servizo de gardarroupas, voluntarios nalgún cruce non en todos, o 1º avituallamento intermedio completo, avituallamento final tamén completo aínda que igual algo escaso para o que se espera nun trail, marcaxe do percorrido correcto aínda que si que houbo algún corredor que se perdeu e duchas ao carón da meta.
A parte negativa foi o segundo avituallamento xa que non se sabía se era ese o avituallamento, explícome, cando cheguei a meta pensando de que non o había, entereime de que eran unha botellas de auga que estaban ao carón dun coche de protección civil creo, en carreira eu vinas pero pensei que era un punto de hidratación a maiores pero resultou que non. Hai que mellorar ese punto e aínda que só sexa líquido non telas no chan nin ao sol.
🏆 Clasificación Xeral Homes 🏆
- Abraham Sanromán García ... 1:53:07
- Arturo Piñeiro Rey ... 1:56:52
- Daniel Conde Barreiro ... 1:57:22
🏆 Clasificación Xeral Mulleres 🏆
- Isabel Sáez Batallan ... 2:19:25
- Eva de la Fuente Iglesias ... 2:31:33
- Laura Rosende Saez ... 2:32:45
Pd.: Clasificación completa. Moitas grazas por pasarte.
0 comments