IX Media Maratón Os 21 do Camiño
- xuño 17, 2023
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Un ano máis e xa van 6 con esta que toca participar na Media Maratón Palas - Melide, Os 21 do Camiño. Proba que transcorre polo Camiño de Santiago unindo os concellos de Palas de Rei e Melide e catalogada como unha das mellores de Galicia e incluso de España. Este ano en 90 minutos xa estaban todas as 750 prazas dispoñibles esgotadas, unha autentica loucura...
O obxectivo sería:
- Simplemente desfrutar e esquecerme de intentar mellorar rexistros anteriores.
O resultado final foi:
- Posto xeral: 65º de 704
- Posto categoría: 15º
- Tempo: 1:32:03
- Ritmo: 4:24 min/km
- Posto crono escalada: 75º
- Tempo crono escalada: 7:26 min.
O obxectivo pois como só ía a desfrutar conseguido a pesar de que fun un parte da proba con dor e ao non estar adestrando pois os últimos km's xa me ía chegando pero ben.
O percorrido como o ano pasado, saída dende Palas de Rei, damos unha volta polos arredores ata que poñemos rumbo a Melide seguindo o Camiño de Santiago, polo que a gran maioría do percorrido sería sobre terra e con un constante sube e baixa. A crono escalada no Km 11 ata o 12,6 e ese últimos Km's que sempre me custan dende Furelos ata meta todo o tempo subindo. A distancia final polo reloxo foi de 20,9Km
En canto a organización espectacular coma sempre, boa zona para aparcar polo menos si se chega cedo, ademais dos 21K tamén hai unha proba de 6K, a entrega de dorsais o día previo ou o mesmo día, servizo de gardarroupas, servizo de autobuses para levarnos ata a saída en Palas e tamén ao remate da proba, voluntarios nos cruces, animación durante a proba con gaiteiros, os avituallamentos intermedios o primeiro deles líquido e os outros dous líquido e sólido, o avituallamento final super completo, medalla finisher, zona de fisioterapia, as duchas un pouco lonxe pero pódese ir ben a pé e agasallo dunha bolsa de tela, camiseta manga longa, camiseta manga curta e uns calcetíns.
A mellorar igual o avituallamento final xa que me deu a sensación de que estaba mellor organizado o ano pasado pero quitando iso nada, estivo todo perfecto para min.
🏆 Clasificación Xeral Homes 🏆
- Jose Canda Louzao ... 1:11:56
- Álvaro Prieto Fervenza ... 1:12:15
- Anxo Castro Varela ... 1:12:22
🏆 Clasificación Xeral Mulleres 🏆
- Tina Fernández Barreiros ... 1:26:05
- Nati García ... 1:31:05
- Miren E. Aspiazu Cigaran ... 1:32:15
Pd.: Clasificación completa. Moitas grazas por pasarte.
0 comments