XXXIX Carreira Nocturna de San Xoán
- xuño 23, 2023
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Tras pasar uns días nas Azores, foi chegar a Galicia e poñer as zapatillas para participar por primeira vez na Carreira Nocturna de San Xoán, sobre unha distancia de 7,7 Km que segundo me dixeron bastante rápida xa que o terreo tende a ser favorable.
O obxectivo sería:
- Intentar apertar un pouco a ver ata onde se dá chegado.
O resultado final foi:
- Posto xeral: 24º de 367
- Posto categoría: 14º
- Tempo: 27:38 min.
- Ritmo: 3:35 min/km
O obxectivo conseguido, quedei sorprendido co ritmo que fun capaz de manter xa que sigo sen poder adestrar pero o terreo era bastante propicio para ir rápido.
O percorrido con saída dende o Concello e practicamente todo o tempo baixando ou llaneando agás unha subida sobre o Km 4. Despois viña a longa recta de Beiramar que se fixo eterna e parecía que non avanzabas e chegada a meta na Praza do Berbés.
En canto a organización a parte positiva foi a entrega de dorsais o día previo ou o mesmo día, servizo de gardarroupas na saída, voluntarios nos cruces, servizo de duchas e ao chegar a meta daban un tícket para para comer as tradicionais sardiñas de San Xoán que estaban moi boas, ademais tiñamos preferencia a hora de ir a por elas e non ter que facer cola.
Os puntos a mellorar pois co día de calor que fixo creo que non viña mal poñer un avituallamento intermedio e no avituallamento final que só daban auga estaba máis ben quente.
🏆 Clasificación Xeral Homes 🏆
- Manuel Lorenzo López ... 23:26
- Saud Al Zaabi ... 24:09
- Carlos E. Gutiérrez González ... 24:13
🏆 Clasificación Xeral Mulleres 🏆
- Andrea Iglesias Carballido ... 29:14
- Noemí Álvarez Rodríguez ... 30:41
- Laura Gallego Canabal ... 32:03
Pd.: Clasificación completa. Moitas grazas por pasarte.
0 comments