II Trail Heroica Sacra
- xuño 25, 2023
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Tras participar dous días atrás na Carreira Nocturna de San Xoán, tocou participar por primeira vez no Trail Heroica Sacra, proba que ten saída en Chantada e chegada a meta na Praia Fluvial Da Cova no Concello de O Saviñao. Con varias distancias a escoller ou modalidades, no meu caso estaría participando na distancia de 23Km e 1150 m+ correndo entre os viñedos da Ribeira Sacra e supoño que cunhas vistas espectaculares.
O obxectivo sería:
- Desfrutar e intentar acabar decentemente.
O resultado final foi:
- Posto xeral: 45º de 108
- Posto categoría: 24º
- Tempo: 3:15:26
- Ritmo: 8:35 min/km
O obxectivo cumprido xa que se desfrutou de un gran trail e as vistas foron espectaculares correndo entre os viñedos da Ribeira Sacra e os canóns do Miño pero as sensacións non acompañaron e notouse que viña de correr uns días antes.
O percorrido con saída en Chantada e unha primeira parte máis fácil ata que nos imos chegando ao viñedos e se ía volvendo o terreo máis duro e técnico. Ao chegar a Belesar pola metade da proba aproximadamente quedaba o máis duro xa que había moita subida e as pernas xa ían sufrindo. A meta nun lugar espectacular como é a Praia da Cova no concello de O Saviñao.
En canto a organización estivo todo moi ben, recollida de dorsais o día previo ou o mesmo día, opcións de varias distancias, relevos ou andaina, servizo de gardarroupas na saída, voluntarios nos cruces, avituallamento intermedio o primeiro líquido e os demais completos, a maiores habilitaron varios puntos para repoñer auga, avituallamento final completo, moi boa marcaxe do percorrido, comida final na meta con ensalada de pasta, embutidos, bebida... opción de levar acompañantes a comida mediante pago previo, servizo de duchas ou rio, servizo de autobuses para levar aos participantes ao punto intermedio ou de regreso a Chantada e agasallo dunha bolsa e dunha camiseta.
Pouco se pode mellorar porque o trail é unha pasada pero si que un pouco máis de info no regulamento co tema das duchas non viña mal porque eu tiven que preguntar alí a un compañeiro para saber como ía o tema e que finalmente había unha especie de duchas portátiles na meta ou te podías meter no rio.
🏆 Clasificación Xeral Homes 🏆
- Alberto Villamor Roibás ... 2:05:07
- Xoel Chamorro García ... 2:17:10
- Gustavo González Vilar ... 2:18:14
🏆 Clasificación Xeral Mulleres 🏆
- Verónica Bugliot Fernández ... 2:40:24
- Tamara García Rodríguez ... 2:48:42
- Kenia Estrada Garay ... 3:04:03
Pd.: Clasificación completa. Moitas grazas por pasarte.
0 comments