VI Carreira do Apóstolo

Única proba que vou disputar en Xullo xa que ando arrastrando unha molestias e hai que tomarse un descanso. Para iso despraceime ata A Laracha, concretamente ata Vilaño onde se ía celebrar a Carreira do Apóstolo. Proba a que había que dar dúas voltas ao circuíto ata completar unha distancia de 10Km e que será a primeira vez que faga polo que non sei como será o perfil da carreira.

O obxectivo sería:
  • Desfrutar.

O resultado final foi:
  • Posto xeral: 17º de 146
  • Posto categoría: 5º
  • Tempo: 38:54 min.
  • Ritmo: 3:53 min/km
O obxectivo cumprido a medias xa que as sensacións foron divididas, a primeira volta ía bastante ben pero a partir da segunda o rendemento foi caendo considerablemente pola falta de adestramento e perdín varios postos.

O percorrido de dúas voltas con saída e meta no Adro de Vilaño é bastante duro xa que practicamente estás todo o tempo subindo ou baixando, moi poucas zonas chans nas que intentar manter un ritmo constante sen desfacerche as pernas. Algunha desas baixadas e subidas bastante pronunciadas. 

En canto a organización os puntos favorables foron a entrega de dorsais que xa estaban dispoñibles para recoller durante os dous días previos e tamén o mesmo días, zona habilitada para poder aparcar preto da saída, opción de carreira ou andaina solidaria, servizo de gardarroupas, voluntarios nos cruces, avituallamento intermedio con auga, avituallamento final completo con auga, isotónico, froita... servizo de fisioterapia e algo que me sorprendeu e que creo que nunca vira nunha carreira, piscina con xeo para recuperar, comida/pinchos antes da entrega de trofeos e agasallo dunha bolsa e dunha camiseta.
Os puntos que menos me gustaron é que as duchas están algo lonxe sobre 20' a pé e que os premios do podio eran acumulativos, creo que en probas populares é mellor repartir entre máis corredores.

🏆 Clasificación Xeral Homes 🏆
  1. Bouchaib Nasr ... 32:07
  2. Facundo Medard ... 33:19
  3. Amador Pena Torreira ... 33:57
🏆 Clasificación Xeral Mulleres 🏆
  1. Tina Fernández Barreiros ... 38:29
  2. Nati García Sánchez ... 39:42
  3. Elena Veres Ojea ... 42:45
Pd.: Clasificación completa. Moitas grazas por pasarte.

Tamén che pode gustar:

0 comments