XIV Carreira Popular Concello da Pobra do Caramiñal

Tras estar todo Agosto adestrando e recuperándome das molestias na zona abdominal, tocou regresar do "descanso" de verán para participar un ano máis na Carreira Popular da Pobra do Caramiñal, sobre un percorrido de dúas voltas ata completar unha distancia de 8Km. Esta sería tamén a primeira proba do Circuíto Barbanza Arousa "4 Carreiras 1 Meta" ao cal tamén me inscribín.

O obxectivos sería:
  • Comprobar o estado físico no que estou despois do "parón" de verán.
  • Quedar o mellor posible para a clasificación do circuíto.

O resultado final foi:
  • Posto xeral: 38º de 278
  • Posto categoría: 9º
  • Tempo: 28' 51''
  • Ritmo: 3:38 min/km
O obxectivo cumprido, quedei sorprendido co rendemento que tiven xa que non pensaba que fose capaz de rematar a proba en 3:38 min/km que para ser a primeira despois do "parón" de verán non está nada mal. O mellor de todo e que xa estou correndo sen as molestias que me daba na zona abdominal despois de cada carreira así que xa se pode pensar en obxectivos máis ambiciosos.
En canto a clasificación do circuíto coma sempre moito nivel e aínda non están postas, supoño que estarán esperando ao remate da segunda das probas onde aínda te podes inscribir pero polas miñas contas creo que ando entorno ao 6º posto da categoría.

O percorrido sufriu modificacións dende a última vez que participara no 2021 pero máis ou menos era o mesmo, só engadiron un par de xiros que incrementan un pouco a distancia e que agora si case chega aos 8Km anunciados xa que antes case era 1Km menos.

En canto a organización a parte positiva: a boa zona para aparcar preto da saída, os voluntarios ao longo do percorrido, o avituallamento final completo, o servizo de fisioterapia, o servizo de duchas ou tamén se podía ir ata a praia que queda ao carón e agasallo dunha camiseta.
A parte a mellorar: creo que un avituallamento intermedio con auga non viña mal, eu creo que non faría uso del pero polo que escoitei houbo corredores que si precisaban e non custa moito poñer unha mesa cunhas augas no lugar da saída. E o outro punto que non me gustou foi que penso, non estou seguro, que os premios eran acumulativos e xa sabedes que en probas populares estou en contra.

🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Carlos E. Gutierrez González ... 25:30
  2. Pablo Camescasse Rouco ... 25:35
  3. Juan A. Gude Vila ... 25:39
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Laura Santos Domínguez ... 27:09
  2. Tina Fernández Barreiros ... 28:50
  3. Mónica Nieves Fernández ... 29:28
Pd.: Clasificación completa. Moitas grazas por pasarte.

Tamén che pode gustar:

0 comments