VI Trail Desafío Vértice

Tras as boas sensacións da anterior carreira na Popular da Pobra do Caramiñal, tocou cambiar de terreo e volver ao monte para iso despraceime ata Padrón onde ía celebrar o VI Trail Desafío Vértice, sobre unha distancia de 22Km e 1500m+ que sería a distancia longa, este ano ía con todo pero co que non contaba era coa chuvia do día anterior...

O obxectivo sería:
  • Intentar chegar a meta decentemente debido a que o día anterior choveu e o terreo ía estar complicado.

O resultado final foi:
  • Posto xeral: 57º de 104.
  • Posto categoría: 23º
  • Tempo: 3:09:21
  • Ritmo: 8:48 min/km
O obxectivo cumprido e o terreo estaba moito mellor do que me imaxinaba. Si é certa que fun con moita máis precaución sobre todo cando se ía sobre as rochas pero polo resto o terreo estaba perfecto para correr. 
As sensacións foron bastante boas (penso que correr co dorsal nº1 foi a clave), de feito a carreira pasoume rápido ata os cortalumes se me fixeron "curtos", por exemplo o ano pasado que corrín o trail curto o mesmo cortalumes parecíame que non tiña fin e xa os últimos km's que son de correr gañei moitos postos do bo ritmo que impuxen nesa zona. O peor foron os días posteriores que as maniotas non tardaron en aparecer e botei uns días que tiña que baixar as escaleiras marcha atrás que non aguantaba os cuadríceps.

O percorrido duro e técnico, sufriu cambios de última hora polas chuvias do día anterior. Saída dende Agrela xa subindo cara o Alto da Grela, baixada e subida ao Alto das Cruces. Pasamos novamente polo Alto da Grela para comezar a poñer rumbo a Padrón. Zonas con continúo sube e baixa case sen descanso e algunha parte máis técnica que outra ata chegar aos pés do Monte Meda. Subida ata o Alto dos Eólicos, baixada que esperaba máis dura, volta a subir ata o Alto do Monte Meda, dende aí baixada técnica e a última parte xa para correr o que che permitan as pernas.

En canto a organización practicamente perfecta: moi boa información pre-carreira con un correo enviado o día anterior con unha guía da carreira indicando o programa, localizacións, percorrido, avituallamentos, material obrigatorio, zonas perigosas ata parte meteorolóxico e algunha cousa máis... Dúas distancias a escoller 13Km ou 22Km e este ano tamén andaina; boa zona para aparcar; posibilidade de recoller o dorsal o día anterior ou o mesmo día; servizo de gardarroupas na saída; servizo de autobuses ata o lugar da saída; voluntarios ao longo do percorrido; moi boa marcaxe do percorrido; tres avituallamento intermedios, completo, completo e liquido, para min mellor colocados que o ano pasado; avituallamento final completo; duchas preto da meta e auga quente que non é moi habitual nese polideportivo; festa final con pizza, cervexa e xeado; agasallo dun cinto de trail.
A mellorar pois fíxose moita cola a hora de recoller os dorsais no propio día supoño que fomos todos no mesmo momento, aínda que xa estabamos avisados dos cruces abertos ao tráfico igual poñer unha sinal como os que había nas baixadas técnicas informando non sobraba.

🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Marcos Naya Badallo ... 2:16:27
  2. Adrián Rodríguez Díaz ... 2:17:13
  3. Daniel Pazó Giráldez ... 2:19:07
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Alina Cimpean ... 2:55:41
  2. Bea Barroso Pérez ... 2:56:18
  3. Rosa M. Araujo Losada ... 2:58:25
Pd.: Clasificación completa. Moitas grazas por pasarte.
 

Tamén che pode gustar:

0 comments