XX Padrón 10K
- febreiro 04, 2023
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Primeira proba homologada do ano, para iso tocou desprazarse ata Padrón onde se ía celebrar a XX Padrón 10K, sobre un percorrido de dúas voltas que xa teño feito noutros anos e que non acostumo a facer grandes rexistros e iso que é bastante favorable xa que practicamente é chan.
O obxectivo sería:
- Intentar mellorar o mellor tempo que teño nesta distancia de 35:50 min. acadados en Ourense.
O resultado final foi:
- Posto xeral: 102º de 488.
- Posto categoría: 36º.
- Tempo: 37:16 min.
- Ritmo: 3:43 min/km.
O obxectivo non se conseguiu pero agora xa sei en nivel estou e podo ir vendo que obxectivos buscar e ir pouco a pouco. As sensacións tampouco foron moi boas xa que forcei de máis na primeira volta e na segunda ía morto ademais custaba coller aire pola humidade que había en ambiente.
En canto a carreira, o percorrido foi o de todos os anos con esa zona empedrada que non me gusta nada e un tramo onde hai máis buratos que asfalto a ver arranxan ese tramo para o ano próximo... Boa organización da proba con entrega de dorsais áxil, gardarroupas, caixóns de saída, avituallamento intermedio líquido e final completo, duchas en dous polideportivos e agasallo dunha camiseta técnica. Hai que mellorar o tema dos horarios xa que a proba dos 10K foi a última en celebrarse e saímos con 11 minutos de atraso e a auga das duchas non estaba fría senón conxelada, tanto que ata me doía a cabeza do fría que estaba...
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- Pablo Otero Fariña ... 31:25
- Gustavo Santiago Fernández ... 31:32
- Víctor Puyuelo Pardo ... 31:41
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- Sandra Mosquera Losada ... 36:35
- Antía Rodríguez Abad ... 38:17
- Ainoa Gontán Iglesias ... 38:22
Pd.: Clasificación completa.
0 comments