VI Trail A Camelia
- febreiro 05, 2023
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Despois de participar onte na Carreira Padrón 10K, tocou ir soltar as pernas polos montes de Vedra onde se celebraba o VI Trail A Camelia sobre unha distancia de 14Km e 370m+. Trail que xa fixen no 2019 e que non é técnico permitindo correr moito.
O obxectivo sería:
- Apertar o que puidese e me deixasen as pernas despois da carreira de onte xa que é un trail rápido.
O resultado final foi:
- Posto xeral: 10º de 129.
- Posto categoría: 6º.
- Tempo: 1:04:19
- Ritmo: 4:47 min/km
O obxectivo conseguido xa que fun bastante ben durante toda a proba, mágoa que me equivocase nese cruce porque perdín tres postos que despois non din recuperado, aínda que seguramente algún posto ía perder porque o último tramo polo río non se me dá ben e os xemelgos tampouco chegaron moi ben a parte final da proba pero moi satisfeito co resultado obtido.
En canto a carreira moi boa organización, tendo boa zona para aparcar, unha entrega de dorsais áxil, os avituallamento tanto o intermedio como o final moi completos, daban un vale para unha cervexa gratis, as duchas estaban ao carón da meta e de agasallo unha camiseta técnica. Aínda así houbo uns puntos que se poderían mellorar como os voluntarios nos cruces que si que había en algúns pero en outros non, algunha cinta máis non sobraba como no punto onde me equivoquei que igual era mellor poñer unha cruzando ese camiño xa que ao ser baixando vaise mirando para o chan e as sinais non se vían e isto descoñezo pero poñer un gardarroupas no polideportivo estaría xenial para que unha vez chegas a meta ter todo a man.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- César Vázquez Agra ... 58:27
- Sergio Requeijo Requeijo ... 58:34
- Manuel Fraga Díaz ... 59:39
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- Lucía Peón Santomé ... 1:12:12
- Lucía Poyan Alonso ... 1:13:01
- Fina Blanco Pena ... 1:15:35
Pd.: Clasificación completa. Moitas grazas.
0 comments