VII Carreira do Entroido

Sigo desprazándome a concellos onde nunca correra, neste caso tocou ir ata Trazo onde se ía celebrar a VII Carreira do Entroido, proba de 4,8Km medio festiva xa que podías correr disfrazado e non perdín a ocasión. 

O obxectivo sería:
  • Desfrutar aínda que como hai poucos inscritos se hai algunha opción podería chegar a apertar para intentar un podio.

O resultado final foi:
  • Posto xeral: 8º de 50
  • Posto categoría: 8º
  • Tempo: 19:12 min.
  • Ritmo: 4:00 min/km
O obxectivo cumprido xa que desfrutei moito da proba e finalmente non apertei xa que fun acompañando a un compañeiro de equipo xa que eu pola tarde tiña que participar na terceira proba do Circuíto CorreSan. 

En canto a carreira agora sabendo como é a proba e a organización non entendo como tiña tan baixa inscrición xa que a proba era gratuíta é non lle faltaba de nada: Boa zona para aparcar (ao ser poucos máis fácil), entrega de dorsais áxil, voluntarios nos cruces, percorrido ben marcado, avituallamento final completo, duchas no polideportivo ao carón da meta, opción de participar noutra proba de 1,2 Km na que era obrigatorio ir disfrazado e para rematar un desfile de disfraces e post carreira con produtos típicos do entroido (filloas, chourizo e orellas). O dito, sorprendeume gratamente esta proba e seguramente volva repetir.

🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. José A. Fernández Rodríguez ... 17:40
  2. Javier Paradela Martico ... 17:53
  3. Manuel Rendo Pérez ... 17:54
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Fina Blanco Pena ... 22:34
  2. Eva L. Villar Chouciño ... 23:43
  3. Isabel Gil Breijo ... 24:01
Pd.: Clasificación completa. Moitas gracias por pasarte.

Tamén che pode gustar:

0 comments