Trail da Cidá 2023
- xaneiro 29, 2023
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Tras as boas sensacións no Trail Mosteiro de Soandres, decidín anotarme a distancia longa do Trail da Cidá que se celebraba en Ribeira. A distancia curta serían uns 13Km e 565m+ e a distancia longa que é a que vou facer de 21Km e 890m+. Sempre que participei neste trail fixen a distancia curta polo que a ver que tal se me dá.
O obxectivo sería:
- Simplemente desfrutar xa que non é unha distancia a que estea acostumado polo monte.
O resultado final foi:
- Posto xeral: 30º de 83.
- Posto categoría: 21º.
- Tempo: 2:07:51
- Ritmo: 5:59 min/km
O obxectivo cumprido aínda que pensei que ía aguantar mellor a distancia e nos últimos km's ía desexando chegar a meta. O percorrido tiña algún que outro punto técnico pero permitía correr bastante e pasamos por varios puntos de interese turístico polo que a parte de correr, tamén se desfrutou da paisaxe.
En canto a carreira moi ben organizada xa que non notei nada en falta. Boas zonas para aparcar, recollida de dorsal áxil, voluntarios nos cruces máis perigosos aínda que como se ve no vídeo houbo un par de puntos algo confusos, dous avituallamentos intermedios líquidos, o avituallamento final moi completo, duchas no Complexo Deportivo de A Fieiteira pero hai que ir no coche porque a pé son preto de 20 min. e de agasallo daban un porta-dorsais.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- Daniel Martínez Puertas ... 1:42:05
- Yago Breijo Martínez ... 1:42:06
- Víctor González Horta ... 1:44:14
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- Mary Pombo Mourelos ... 2:12:11
- Sabela Pensado Parada ... 2:12:48
- Fátima Nogueira González ... 2:27:28
Pd.: Clasificación completa.
0 comments