V Holi Gaiás
- xuño 03, 2023
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Tras probar o ano pasado este formato de proba, tocou regresar a desfrutar da Holi Gaiás pero desta vez conseguín convencer a miña irmá para participar na carreira na cal durante os 5Km de percorrido, nos ían estar tirando polvos de cores.
O obxectivo sería:
- Desfrutar xa que é unha proba para pasalo ben.
O resultado final foi:
- Posto xeral: 284º de 542
- Posto categoría: 125º
- Tempo: 37:54 min.
- Ritmo: 7:20 min/km
O obxectivo conseguise xa que o importante era desfrutar aínda que cando estabamos quecendo miña irmá dixo que quería ir a 6:00 min/km e ao final non se conseguiu pero era algo moi ambicioso xa que miña irmá levaba moito tempo sen correr.
O percorrido igual que o ano pasado, polos arredores da Cidade da Cultura e o Bosque de Galicia onde non hai pendentes duras e se corre por lousas de pedra e terra.
En canto a organización podíase recoller o dorsal o día previo ou o mesmo día, moita zona para aparcar na Cidade da Cultura, avituallamento final con froita e auga, quecemento e fin de festa facendo zumba e agasallo dunhas gafas e dunha camiseta.
Aínda así houbo uns puntos que se poden mellorar que son os mesmo que o ano pasado xa que hai poucos puntos onde tiran polvo de cores e na segunda volta xa están esgotados ademais de que non viña mal que puxeran servizo de duchas para non volver a casa todos pintados.
🏆 Clasificación Xeral Homes 🏆
- Pablo Camino Velasco ... 18:58
- Francisco Pazos Campos ... 19:17
- Pablo Iglesias Comojo ... 19:17
🏆 Clasificación Xeral Mulleres 🏆
- Elena Veres Ojea ... 21:57
- María Tarrio Martínez ... 21:57
- Ararat Pazos Meixus ... 22:46
Pd.: Clasificación completa. Moitas grazas por pasarte.
0 comments