XI Cross de Santiso
- maio 27, 2023
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
O ano pasado falaron moi ben desta proba e este ano non a podía perder, por iso despraceime ata Visantoña, Concello de Santiso, para participar no XI Cross de Santiso sobre unha distancia de 14 Km pegados ao embalse de Portodemouros.
O obxectivo sería:
- Simplemente desfrutar da proba.
O resultado final foi:
- Posto xeral: 14º de 245
- Posto categoría: 3º
- Tempo: 58:01 min.
- Ritmo: 4:14 min/km
O obxectivo conseguido xa que desfrutei moito da proba e quedei gratamente sorprendido co despregue organizativo. As sensacións en carreira non acabaron de ser todo o boas que me gustaría xa que a metade da proba ía intentando aguantar o ritmo do compañeiro do GTR. Ao final podio da categoría co que non contaba pero que chegou grazas a que daban premio aos 5 atletas en absoluta e categorías.
O percorrido duro, con saída moi rápida por un prado e logo por sendeiro ata que nos poñemos a altura do embalse e comeza un sube e baixa continuo que se fixo máis duro pola chuvia que caeu xusto antes de comezar a carreira e algunha subida coma a que estaba onde se colle o ferry para cruzar o embalse bastante dura. Así iríamos ata que restaban 3Km para meta onde xa practicamente era todo o tempo subidas duras ata chegar a recta de meta.
En canto a carreira practicamente perfecta, zona habilitada para aparcar, voluntarios nos cruces, dous avituallamentos intermedios (líquido / líquido e sólido), avituallamento final completo, medalla finisher, vestiarios e duchas ao carón da meta, comida post carreira con callos, ensalada de pasta, polbo a feira, churrasco e cervexa e agasallo dun suadoiro e bolsa de tela. Para os cativos había de todo: inchables, xogos tradicionais, futbolín, xeados... Ademais de un posto da ANPA e fotos cos inicios da proba.
O que menos me gustou pero xa é tema do concello creo que hai que meterlle unha reforma aos vestiarios e outra cousa xa máis persoal sería facer a proba de mañá e así poder aproveitar mellor o día con todo o despregue que a organización ten montado e facer a comida post carreira como se fai nalgún trail.
🏆 Clasificación Xeral Homes 🏆
- Anxo Castro Varela ... 49:29
- José Canda Louzao ... 49:30
- Bouchaid Nasr ... 50:09
🏆 Clasificación Xeral Mulleres 🏆
- Tina Fernández Barreiros ... 58:43
- Inés Trasar ... 1:03:49
- Patricia Varela Santiso ... 1:05:34
Pd.: Clasificación completa. Moitas grazas por pasarte.
0 comments