XToSín Trail 2023

Tan só 4 días despois de participar na Carreira Camiño das Letras que me deixou cunhas maniotas que xa non lembraba. Tocou desprazarse ata Portosín para participar no XToSín Trail 2023 sobre unha distancia de 21Km e preto de 1000m+. 

O obxectivo sería:
  • Intentar acabar decentemente polo cansancio que traía nas pernas da proba anterior.
  • Intentar quedar o mellor posible para a clasificación por equipos.

O resultado final foi:
  • Posto xeral: 42º de 94.
  • Posto categoría: 26º
  • Tempo: 2:22:41 min.
  • Ritmo: 6:44 min/km
O obxectivo conseguido aínda que notei bastante que non estaba para esa distancia, unha vez entrei en calor as pernas foron aguantando bastante ben e quedei sorprendido do bo rendemento que obtiven. Ademais conseguiuse o obxectivo do podio por equipos onde acadamos o 1º posto.

O percorrido moi distinto a cando o fixen no 2018 xa que a saída xa era cara o outro lado e naquel ano a distancia fora de 14Km. Nada máis saír imos un pouco por asfalto o que axuda a estirar o grupo de corredores ata que chegamos a Praia de Coira e imos correndo pola area. Cando remata a praia xa comezamos a subir en fila de un, outro pequeno tramo de praia e a subir agora si sen descanso ata o Iroite sobre o Km 7. Subida moi dura na última parte que os do trail curto non tiveron que facer. Dende aí practicamente o máis duro estaba feito sempre queda algún repeito por aí que segundo van pasando os km se van facendo mais duros pero nada comparado a eses primeiros km. Houbo unha zona moi chula baixando por un bosque que me encantou, rápida, non moi técnica e estábase fresco. Resumindo saída pola praia, subida sen descanso ata o Km 7, zona para correr ata o Km 12 e baixada cara meta con algún repeito sorpresa.

En canto a carreira bastante ben, zona para aparcar relativamente fácil pola zona do porto e arredores, voluntarios nalgún cruce e axudaban tamén nalgunha subida, dous avituallamentos intermedios completos, o avituallamento final moi completo, boa marcaxe do percorrido aínda que houbo algunha zona que era un pouco máis complicado seguir as marcas porque non se vían ben cando só estaban no chan e agasallo dunha viseira que se agradece máis que outra camiseta.
O peor foi a hora da entrega de dorsais que foi moi lenta, descoñezo o motivo porque en Ribeira foi bastante rápida e a duchas que quedaban algo lonxe máis ou menos a 5 minutos en coche, descoñezo se hai outras máis preto pero eu preferín achegarme ata a praia.

🏆 Clasificación Xeral Homes 🏆
  1. Alberto Villamor Roibas ... 1:50:38
  2. Carlos Lorenzo Blanco ... 1:51:12
  3. Yago Breijo Martínez ... 1:55:04
🏆 Clasificación Xeral Mulleres 🏆
  1. Alina Cimpean ... 2:33:31
  2. Fátima Nogueira González ... 2:36:25
  3. Eva de la Fuente Iglesias ... 2:37:35
Pd.: Clasificación completa. Moitas grazas por pasarte.

Tamén che pode gustar:

0 comments