I XToSín Trail
- maio 19, 2018
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
A pesar de non ter as pernas moi descansadas despois da Carreira Camiño das Letras (a miña primeira vitoria absoluta) de fai dous días, tocaba volver a correr polo monte 6 meses despois, nunha proba que se estreaba no calendario, o I XToSín Trail sobre unha distancia de 14,5 Km e con un desnivel positivo de 720 metros.
Os obxectivos serían:
- Chegar enteiro, xa que a próxima proba é das importantes e un dos obxectivos do ano.
- Intentar quedar o mellor posible.
- Volver a desfrutar do monte e da natureza.
Unha vez que chegamos a zona portuaria de Portosín, fomos recoller o dorsal, mentres xa vou saudando a compañeiros de carreiras. Desta vez fun cuns amigos que se estreaban no trail e que xa vos direi como quedaron ao final da crónica. Uns 15 minutos antes de comezar puxémonos a quecer un pouco, eu notaba as pernas algo cansadas pero parecía que podía dar un pouco de guerra.
Chagado o momento, entrei pola zona traseira cos amigos ata que o speaker Eduardo empezou a dicir como ía ser a proba e as marcas que nos íamos atopar para seguir pola ruta correcta, nese momento desexeilles sorte aos amigos que estaban de estrea e funme para a zona dianteira. Rematadas as explicacións e tras unha conta atrás deuse a saída.
A primeira parte da proba, uns 800 metros, ían por asfalto, a miña idea era meterme no grupo de cabeza e despois aguantar ata onde puidese pero, ou saíron moi rápido ou as miñas pernas non tiñan ganas de festa porque non fun capaz de collelos e quedeime nun segundo grupo e iso que no Km 1 marquei un ritmo de 3:52 min/km que para ser o comezo dun trail xa é rápido demais.
Abandonando o asfalto metémonos por un camiño estreito de terra que nos levaría a unha pequena praia onde se cruza sen moitos problemas, mentres eu seguía recuperando postos. Deixamos esta praia atrás e comezamos a ir de pedra en pedra, zona na que xa se notou que facía tempo que non facía trail porque perdo un par de postos ao non saber cara onde tirar e ter moita precaución de onde pisaba. A altura do km 1,2 correndo polas pedras había un dos puntos de "interese" xa que está a casa/mansión de Sito onde gravaron Fariña. Non tiven a oportunidade de vela porque se levantaba a vista do chan posiblemente acabara nel...
Deixamos as pedras atrás por sorte, e cruzamos un "rio" que nos levaría a correr todo pola Praia da Ornanda, menos mal que uns minutos antes de darse a saída da proba, estaban a caer unha gotas e a xente que había na praia xa recollera para nos poder correr por ela sen moitas complicacións. Mentres íamos pegados ao mar e ca area dura íase ben pero no treito final cando tiñamos que saír dela paseino mal porque entre que non tiña as pernas descansadas e que correr pola area branda carga moito, custoume moito saír de alí, parecía que estaba nunhas areas movedizas.
Deixamos a zona de praia e comezamos a ir por pistas de terra rodeando o Camping Punta Batuda para volver a praia pero desta vez xa pola parte de arriba sen ir pola area, mentres seguía recuperando os postos que perdín indo de pedra en pedra.
Volvemos ao asfalto pero só uns metros xa polo km 3,5 comezamos a meternos no monte, primeiro corremos sobre un pequeno "rio" onde alcanzo a Mario, compañeiro de carreiras e por detrás non se vía a ninguén. Comezamos a subir constantemente e pouco a pouco me vou quedando, non tiña pernas para subir e comezo a andar, parecía que andaba de paseo polo monte, ademais non estaba nada cómodo, facía moito bochorno e había moita humidade no ambiente, isto traduciuse en que estaba a suar moitísimo, xa non recordaba a última vez que estaba a suar así, apenas me daba apoiado nos cuadríceps para subir xa que me patinaban as pernas e as mans.
A altura do km 6,7 que sorpresa me levei cando me atopo con Eduardo no medio do monte coa cámara para sacarnos unha fotos e para darme a alegría de que a 200 metros xa estaba o avituallamento, algo que necesitaba para refrescarme un pouco. Como xa estaba chegando ao avituallamento comín a gominola que levaba por si acaso me facía falta.
No avituallamento fixen como unha parada das de agora en F1, rápida. Collín un vaso de auga, bebín medio vaso e o resto tireino pola cabeza para refrescarme e limparme da suor que tiña pola cara. Rápido continuei para non perder moito tempo e seguimos subindo para non variar. Este último treito de subida foi bastante técnico, houbo zonas nas que case era mellor subir a gatas e perdín un par de posicións.
Chegando a parte máis alta en A Figueira, xa polo km 8,8 deume tempo de mirar as incribles vistas de toda a ría de Muros e Noia, estes son os momentos que máis me gustan do trail, unha vez que chegas arriba e poder contemplar as vistas sen esquecer que estás nunha carreira polo que toca seguir.
Llaneamos un pouco ata chegar ao lugar por onde tiñamos que baixar e a primeira parte da baixada era fácil por herba e non moi técnica polo que fun collendo velocidade tanta que pouco a pouco fun alcanzando a un corredor que levaba por diante, algo que non é normal porque en principio o meu forte non é baixar pero estábame sentindo cómodo, posiblemente foi a parte máis entretido e máis dura para min xa que en momentos non sabía nin onde pisar porque a segunda parte da baixada foi por un camiño con moita pedra solta e houbo momentos nos que apiques estiven de torcer un nocello, acabando de baixar o terreo volvíase a compactar e era un pouco máis fácil ata saír desa parte do monte para coller un pista de terra xa no km 10,4.
Percorremos esa pista e unha nova baixada, esta máis estreita que antes polo que é máis complicado escoller onde pisar, houbo un momento no que non daba freado nin botarlle a man a nada e pola miña cabeza pasaba: "Quieto Killian". Por sorte conseguín reducir a velocidade de baixada xa que por adiante ía outro corredor ao que uns metros máis adiante consigo pasar e sacarlle unha distancia.
Chegamos a outro avituallamento polo km 11,2 aprox. onde decidín non parar xa que non quería perder tempo e estabamos preto da meta polo que debería aguantar ben.
Pouco a pouco volvíamos a "civilización", xa se comezaban a ver casas e o terreo xa era máis propicio para correr, algo que a priori me tiña que favorecer.
Chegamos ao asfalto e iso quería dicir que tocaba correr e facer un último esforzo xa que a meta estaba preto. Vou mirando constantemente para atrás para comprobar a marxe que tiña, encarando a meta había que ir pola beirarrúa pero eu non me din de conta ata que unha das voluntaria me grita que fora por alí, polo que salto a cinta para acabar chegando a meta polo sitio correcto.
Tras cruzar a liña de meta aí estaba Eduardo para meterme nun apuro, xa que eu non son moito de falar e alí ben co micrófono dicindo "... sempre temos que esperar para ler as súas crónicas pero hoxe temos a oportunidade de comprobar a capacidade de reacción e improvisación , danos a túa crónica en directo, ¿que che pareceu a proba?" eu claramente non tiña nin idea que dicirlle, preciso dun tempo para recapitular todo o que me pasou e como foi a proba para poder expresalo. Posiblemente foi o momento máis complicado de toda a proba. 😂
Chagado o momento, entrei pola zona traseira cos amigos ata que o speaker Eduardo empezou a dicir como ía ser a proba e as marcas que nos íamos atopar para seguir pola ruta correcta, nese momento desexeilles sorte aos amigos que estaban de estrea e funme para a zona dianteira. Rematadas as explicacións e tras unha conta atrás deuse a saída.
Foto: Andrea Carleos |
Abandonando o asfalto metémonos por un camiño estreito de terra que nos levaría a unha pequena praia onde se cruza sen moitos problemas, mentres eu seguía recuperando postos. Deixamos esta praia atrás e comezamos a ir de pedra en pedra, zona na que xa se notou que facía tempo que non facía trail porque perdo un par de postos ao non saber cara onde tirar e ter moita precaución de onde pisaba. A altura do km 1,2 correndo polas pedras había un dos puntos de "interese" xa que está a casa/mansión de Sito onde gravaron Fariña. Non tiven a oportunidade de vela porque se levantaba a vista do chan posiblemente acabara nel...
Foto: Arousa Neo |
Foto: Arousa Neo |
Foto: Arousa Neo |
Foto: Club Tartarugas |
Foto: Arousa Neo |
Chegando a parte máis alta en A Figueira, xa polo km 8,8 deume tempo de mirar as incribles vistas de toda a ría de Muros e Noia, estes son os momentos que máis me gustan do trail, unha vez que chegas arriba e poder contemplar as vistas sen esquecer que estás nunha carreira polo que toca seguir.
Llaneamos un pouco ata chegar ao lugar por onde tiñamos que baixar e a primeira parte da baixada era fácil por herba e non moi técnica polo que fun collendo velocidade tanta que pouco a pouco fun alcanzando a un corredor que levaba por diante, algo que non é normal porque en principio o meu forte non é baixar pero estábame sentindo cómodo, posiblemente foi a parte máis entretido e máis dura para min xa que en momentos non sabía nin onde pisar porque a segunda parte da baixada foi por un camiño con moita pedra solta e houbo momentos nos que apiques estiven de torcer un nocello, acabando de baixar o terreo volvíase a compactar e era un pouco máis fácil ata saír desa parte do monte para coller un pista de terra xa no km 10,4.
Foto: Arousa Neo |
Chegamos a outro avituallamento polo km 11,2 aprox. onde decidín non parar xa que non quería perder tempo e estabamos preto da meta polo que debería aguantar ben.
Pouco a pouco volvíamos a "civilización", xa se comezaban a ver casas e o terreo xa era máis propicio para correr, algo que a priori me tiña que favorecer.
Foto: Arousa Neo |
Foto: Andrea Carleos |
Foto: Andrea Carleos |
O resultado final foi:
- Posición xeral: 9º de 124.
- Posición categoría: 2º. 🏆
- Tempo: 1:30:06
- Ritmo: 6:13 min/km
Os obxectivos cumpridos, acabei subindo ao podio algo que non contaba xa que tiña as pernas cansas e o trail resultou máis duro do que pensaba pero moi satisfeito xa que con esta levo tres podios consecutivos e chego con ganas a próxima proba, o Campionato Galego de Media Maratón que se celebrará en Riveira.
Foto: Andrea Carleos |
En canto aos amigos que debutaban, darlles a noraboa xa que conseguiron rematar todos a pesar de que algún quixera abandonar. Por orden de chegada estes foron os seus resultados:
- Co dorsal 25, Andrés Caballero, amigo de Daniel Colmeiro, que rematou a proba en 1:42:37 sendo o 40º e 5º Senior.
- Co dorsal 39, Daniel Colmeiro que rematou a proba en 1:57:01 sendo o 72º e 10º Senior.
- Co dorsal 131, Damián Santomé que non se estreaba pero era o seu segundo trail. Rematou a proba en 2:03:19 sendo o 74º e 11º Senior.
- Co dorsal 99, Marcos Otero que rematou a proba en 2:22:24 sendo o 109º e 19º Senior.
Mágoa que non sacáramos unha foto conxunta pero esperemos que sexa noutra ocasión e que lles gustase isto de facer a cabra polo monte.
Foto: Arousa Neo |
Foto: Daniel Colmeiro |
En canto a proba, pensei que ía ser máis corrible, a primeira parte pola praia e aínda en frío, custoume arrancar. Despois as subidas levabas ben porque ía ao meu ritmo, tranquilo pero as baixadas foron mortais, sobre todo porque tiña as pernas cargadas e foron bastante técnicas na zona das pedras soltas.
A organización estando Arousa Neo polo medio non podía ser mellor, só estaba anunciado un avituallamento e finalmente puxeron dous, voluntarios nos cruces máis comprometidos e sempre coa cámara na man para sacarnos unhas fotos, boa balizaxe aínda que eu tiven varios puntos nos que non sabía moi ben por onde tirar e se cadra algunha cinta máis non sobraba pero con mirar ben non había problema, avituallamento final moi completo con auga, froita, froitos secos e bocatas e varias zonas de duchas. Sen dúbida será unha das proba das que intentarei volver sempre que poida e que espero que se consolide no calendario.

🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- Carlos Lorenzo Blanco ........... 1:16:20
- José Antonio Gómez Rios ..... 1:18:01
- Roberto Tuñas González ....... 1:21:12
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- María Fabeiro Romero .......... 1:41:13
- Olalla Duro Liñares ................. 1:46:50
- María Mareque Martínez ..... 1:47:37
PD: Clasificación completa. Fotos cortesía de Andrea Carleos Photography, Arousa Neo e Club Tartarugas. Moitas gracias.
0 comments