IX Carreira Camiño das Letras

Despois de acadar un gran resultado na Batalla de Cacheiras e unha semana sen competir, tocou participar nunha das probas poderíase dicir que fixas no meu calendario: a Carreira Camiño das Letras que se celebra sempre o 17 de Maio coincidindo co festivo do Día das Letras Galegas. Proba que une Boqueixón (Pico Sacro) con Santiago de Compostela (Cidade da Cultura) percorrendo parte do Camiño de Santiago e unha distancia de 15Km bastante duros. 

O obxectivo sería:
  • Intentar igualar o podio do ano pasado

O resultado final foi:
  • Posto xeral: 5º de 102.
  • Posto categoría: 1º 🏆
  • Tempo: 58:36 min.
  • Ritmo: 3:59 min/km
O obxectivo cumprido xa que conseguín chegar ao podio e incluso mellorar o posto e o tempo en 1:16 min. respecto o ano pasado. As sensacións foron bastante boas e deume a sensación de que se saíu máis tranquilo pola baixada do Pico Sacro o que fixo que chegara con algo máis de forzas a parte da subida final. Tamén axudou que os cámaras oficiais me gravasen nas subidas e como había que saír ben no vídeo fun subindo con máis forza... jajaja.

O percorrido o mesmo que o ano pasado, con eses primeiros km baixando o Pico Sacro que se te deixas levar podes marcar moi bos ritmos pero despois seguro que vas pagar ese esforzo porque tras rematar o terreo favorable polo Km 5 comeza a carreira de verdade. Un continuo sube e baixa con algunhas pendentes duras e cando chegas ao Km 11 xa practicamente todo para arriba onde está a subida a Angrois e a subida polo Bosque de Galicia que che dan ganas de botarte a andar ata chegar a Cidade da Cultura.

En canto a carreira todo bastante ben, entrega de dorsais o día previo ou o mesmo día da proba, boa zona para aparcar na Cidade da Cultura, servizo de autobús ata a saída, servizo de gardarroupas, voluntarios nos cruces máis perigosos, avituallamento intermedio con auga, avituallamento final moi completo e un ano máis con degustación de ternera gallega, zona de fisioterapia, duchas as que hai que ir en coche pero son as que máis preto quedan e de agasallo daban un diploma e un libro.
O que menos me gustou foi o tarde que se entregaron os premios.

🏆 Clasificación Xeral Homes 🏆
  1. Sergio Requeijo Requeijo ... 54:55
  2. Agustín P. Hermida Rodríguez ... 56:54
  3. Jesús F. Sainz Tresguerra ... 57:14
🏆 Clasificación Xeral Mulleres 🏆
  1. Lucía Peón Santomé ... 1:07:07
  2. Mencía Reborido Fuentes ... 1:08:02
  3. Sandra Fernández Yañez ... 1:11:17
Pd.: Clasificación completa. Moitas grazas por pasarte.

Tamén che pode gustar:

0 comments