IX +10 Marín Manuel Rosales

Tras un podio sorpresa na Carreira Carneiro ó Espeto de Moraña, tocou desprazarse ata Marín onde se ía celebrar a IX +10 Marín Manuel Rosales sobre unha distancia homologada de 10K que xa fixera no 2018 cando fora sede do Campionato Galego. Percorrido chan pero con algunha zona que non me acababa de gustar.

O obxectivo sería:

Intentei chegar cedo pero ao final fun bastante xusto aínda que con tempo suficiente para aparcar, recoller o dorsal, volver para acabar de prepararme e xa a poñerse a quecer. Ademais estaba "estreando" zapatillas, ía probar as Adidas Adizero Pro con varillas de carbono a ver se son tan boas como din e me daban ese plus que me falta para poder mellorar.

Tras o quecemento funme achegando a liña de saída e a diferenza de outras probas onde non sabía onde colocarme, desta vez intentei estar o máis adiante posible para comezar a marcar o ritmo pronto xa que cada segundo conta. Así despois de unha carreira de 100m honorífica do CD Pinarium acompañando a Manuel Rosales arrancou a proba.

Foto: Concello de Marín
Os primeiros metros fun con algo de precaución para non tropezar con outros corredores ata que entramos na Escola Naval, aí comecei a buscar o meu ritmo obxectivo e a gañar moitos postos. Un tramo pola Escola Naval era sobre herba e area algo que non axuda moito a intentar manter o ritmo. Cando saímos do tramo da Escola Naval, Km 1,8, xa estaba rodando por debaixo do ritmo obxectivo agora quedaba aguantar o resto dos Km's.

Despois de facer un cambio de dirección en Marín poñíamos rumbo cara Pontevedra. Eu practicamente ía en solitario intentando pillar aos corredores que levaba por adiante pero non acababa de chegar e o problema estaba no aire en contra que se notaba bastante. Cambio de dirección sobre o Km 4,1 e volvemos cara Marín. 

Polo paso do Km 5 marco un tempo de 17:48 min. 17 seg. por encima do meu mellor tempo nesa distancia e que supoñía un ritmo de 3:34 min/km de aguantar a ese ritmo chegaría a meta nun tempo aproximado de 35:36 min. 

Volvemos a repetir o percorrido pero desta vez sen entrar na Escola Naval, os cambios de dirección rompían un pouco a velocidade de cruceiro que levaba e me facía forzar máis para volver a coller o ritmo.

Nesta segunda vez que poñíamos rumbo a Pontevedra o cansancio xa era notable e o aire parecía que era máis forte, dábame a sensación de que non estaba avanzando pero pola miña cabeza só pensaba en seguir tirando, tiña que conseguir mellorar o tempo.

Volvemos cara Marín xa apertando os dentes porque cando miraba o reloxo non vía claro que o fora a conseguir. Último cambio de dirección para poñer rumbo a meta e dando todo o que tiña nas pernas cruzo a meta desfeito de todo e decepcionado co tempo final.

O resultado final sería:
  • Posto xeral: 16º de 298.
  • Posto categoría: 5º.
  • Tempo: 36:17 min.
  • Ritmo: 3:37 min/km
O obxectivo non se cumpriu e quedeime a 27 segundos do meu mellor tempo. Intentouse pero penso que o aire que facía cando se poñía rumbo a Pontevedra me penalizou bastante xa que os únicos Km's que fixen por encima de 3:40 coinciden con ese tramo. O que si que conseguín foi mellorar o tempo que tiña nesta proba que era de 36:47 min.


En canto a carreira en temas organizativos moi ben, aparcamento habilitado para os corredores, avituallamentos intermedios con auga, o final unha bolsa con auga, froita, barrita enerxética e un xel. Medalla por rematar a proba e camiseta técnica de agasallo. Animación pre y post carreira e mexillóns ao final da proba. O que menos me gustou, a auga da bolsa parecía sopa do quente que estaba, as duchas lonxe e para entrar no pavillón non había luz parecía medio abandonado ese sitio... E por último sigue sen gustarme o tramo da Escola Naval non creo que sexa o máis ideal para unha proba homologada pasar por o tramo de area aínda que se fai ao principio e as forzas están intactas.


🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Gus Santiago Fernández ... 32:55
  2. Manuel Lorenzo López ... 32:58
  3. Jorge Puig Malvar ... 33:33
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Esther Valiño Gómez ... 38:42
  2. Sofia Freaza Otero ... 40:36
  3. Lucía Peón Santomé ... 41:49
Pd.: Clasificación completa. Fotos cortesía de: Concello de Marín. Moitas grazas.

Tamén che pode gustar:

0 comments