VIII Carreira Carneiro ó Espeto

Tras as boas sensacións na última proba (Media Maratón Camiño Inglés) tocou desprazarse ata Moraña onde se ía celebrar a VIII Carreira Carneiro ó Espeto sobre un percorrido de 10Km dando dúas voltas ao percorrido xa que tiñas a opción de anotarte a facer só 5Km. Xa fixen esta proba outros anos pero este ano modificou o seu percorrido polo que non sabía o que me ía atopar.

O obxectivo sería:
  • Unicamente desfrutar do percorrido e do ambiente da proba
Coma sempre, cheguei cedo. Fun recoller o dorsal onde xa había amigos das carreiras por alí. Volvín para o coche acabar de cambiarme mentres daba un paseo por aí facendo tempo. Chegada a hora comecei o quecemento para espertar as pernas e cando somos chamados por megafonía acerqueime ata a liña de saída onde non tiña moi claro onde situarme. Quería apertar pero non sabía se ía estar forte e como tampouco coñecía o percorrido preferín retrasarme un pouco e xa se iría vendo como era o percorrido. Así tras un disparo ao aire, arrancou a proba.

Foto: Fernanda Rivera - Pablo Rios Eventos
Arranquei con precaución para non tropezar con ninguén ata que aos poucos metros xa se vai estirando o grupo de corredores e xa se pode comezar a marcar o ritmo e a gañar postos. A proba comezaba con unha leve subida e logo íamos baixar xa que no fondo desa rúa había que dar volta e volver polo outro lado. Dende aí, todo favorable con algunha baixada forte que nese momento xa me fixei que na estrada había frechas pintadas en ambas dirección polo que esa baixada dura logo ía ser todo subir...

Foto: FotoCarlosGrafías para Organización
No Km 1,6 subida continua con algunha zona máis empinada que remataba no Km 2,4 onde estaba un dos avituallamentos intermedios de momento as sensación eran mellor do esperado pero non sabía ben como ía en carreira xa que a saída foi conxunta para os de 5 e 10 Km. 

Dende o avituallamento volvía a zona favorable, forte baixada e un tramo máis ou menos chan que nos levaría ata a baixada que estaba ao Km de saír e que agora tocaba subir. Aí xa non me notei tan ben e aínda había que pasar outra vez... Non houbo que facer toda a subida xa que na metade tiñamos que xirar cara outro lado e pasar por unha subida de herba e pedras que sinceramente foi das partes que máis me gustou do novo percorrido. Este tramo levaríanos a enfilar a recta de meta pero no meu caso sería para comezar a segunda das voltas.

Foto: FotoCarlosGrafias para Organización
A segunda volta tocou sufrir sobre todo nas subidas o que na primeira volta ía subindo máis ou menos agora case me ía arrastrando menos mal que nas baixadas recuperaba un pouco o alento e o ritmo íase mantendo. Perdo algún posto nesta segunda volta pero xa non había pernas para máis e chego a meta sorprendido ca distancia final. 

O resultado final foi:
  • Posto xeral: 23º de 110.
  • Posto categoría: 3º 🏆
  • Tempo: 36:42 min.
  • Ritmo: 4:07 min/km
O obxectivo máis que cumprido aínda que tocou sufrir na segunda volta non me esperaba para nada chegar ao podio por categoría xa que nesta proba había diñeiro por quedar no podio incluso nas categorías. Gañei 10€ pero menos é nada... e o trofeo moi chulo en madeira.

Foto: FotoCarlosGrafias para Organización
En canto a carreira non botei nada en falta, voluntarios nos cruces, avituallamento intermedio líquido, avituallamento final moi completo, camiseta de agasallo, duchas... O único que non me acabou de convencer pero iso xa son gustos persoais é o novo percorrido xa que dos 10Km anunciados ao final polo reloxo saíron 8,9Km e persoalmente gustábame máis o anterior. Este ano tiveron problemas cos cortes de tráfico pero espero que recuperen o anterior que para min era mellor.


🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Nuno Costa ... 30:00
  2. Manuel Lorenzo López ... 30:44
  3. Akka Essaadaoui ... 30:47
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Mónica Nieves Fernández ... 35:19
  2. Sofía Freaza Otero ... 36:48
  3. Patricie Viadel Turjanicova ... 37:50

Tamén che pode gustar:

0 comments