I Media Maratón Camiño Inglés

Só pasaron 3 semanas da última Media Maratón polo Camiño de Santiago (Os 21 do Camiño) e xa estamos en outra. Tocou participar na I Media Maratón Camiño Inglés que une os Concellos de Ordes con Oroso. Ao ser a primeira edición non sabía moi ben o que me ía atopar pero segundo estaba anunciado o percorrido é bastante favorable. Ademais da Media Maratón tamén se podía participar nun 10K paralelo.

O obxectivo sería:

Cheguei moi cedo a Sigüeiro, Concello de Oroso onde estaba situada a meta e os autobuses que nos levarían ata o Concello de Ordes. Cando cheguei aínda non chegara a xente da federación que traía os dorsais polo que fun dar unha volta polo parque que estaba ao carón e mentres xa ía gravando para Youtube.

Tras recoller o dorsal, dirixinme cara o coche para acabar de cambiarme e ir cara o bus para coller o primeiro que ía saír as 8:15 pero que ao final retrasouse uns 30 min. aprox.

Chegamos a Ordes, a verdade é que pensaba que íamos saír nunha zona máis habitada pero alí había catro casas... Trotei un pouco para activar as pernas e listo, ca calor que se esperaba, uns 30ºC creo que xa ía ser suficiente.

Chegada a hora coloqueime na liña de saída. Non sabía moi ben onde poñerme pero ao final quedei case adiante de todo e así tras o pistoletazo de saída arrancou a proba.


Arranquei ben, máis ou menos conservando o posto pero aos pouco metros vin un corredor que máis ou menos fai os meus tempos ou mellores e decidín seguilo. Isto fixo que quedase nun pequeno grupo perseguindo ao grupo de cabeza. Así fun máis ou menos ata o Km 4 onde pouco a pouco funme escapando do grupo ata quedarme en solitario perseguindo aos tres corredores que ían en cabeza polo que nese momento estaba 4º. Esta primeira parte o terreo era favorable aínda que tiña algunha pequena subida, íase subindo rápido e maioritariamente por asfalto.

Seguimos indo rápido axudado polo terreo ata o Km 5,5 onde comezaba unha subida ata o Km 7,1 xa polo terreo que se espera que teña o Camiño de Santiago, de terra e a sombra que xa se agradecía. No transcurso desta subida entorno ao Km 6 estaba o primeiro dos avituallamentos. A miña idea era coller auga en todos pero estábame sentindo moi ben e cómodo polo que finalmente non collín auga neste primeiro.


O percorrido continuaba favorablemente e practicamente rodando por debaixo de 4'/km todo o tempo. Así foron pasando os km's ata que chegamos ao segundo avituallamento sobre o Km 11,2. Neste si que collín auga máis que nada para botarma por encima e darlle un pequeno sorbo para limpar un pouco a boca, tamén había anacos de plátano. Aí dinme de conta dun dos fallos que lle atopei a proba xa que tras coller a auga as papeleiras estaban moi preto e non daba tempo a tirar a botella. Isto fixo que estivese correndo coa botella vacía uns 3/4 km's ata atopar unha papeleira onde poder tirala.


Dende o Km 11,6 comezaba tamén unha subida posiblemente a máis dura da proba xa que pola altura que levabamos da carreira, as pernas xa non eran as que tiña no comezo. Estaríamos subindo ata o Km 13,5 no que apiques estou por botarme a andar na última parte porque o cansancio nas pernas xa era notable.

Rematada a subida estiven un par de Km intentando recuperar as pernas para seguir tirando forte e intentar chegar ao 3º clasificado xa que a distancia mantíñase. No Km 15 comezaba a que para min foi a peor parte xa que íamos pegados a autopista e as vistas que había non eran moi boas. Nese punto intentei forzar para dar caza ao 3º pero non había maneira. Km 15,8 terceiro e último avituallamento, eu só centrado en intentar gañar un posto máis decido non coller auga e sigo empuxando a ver se tiña sorte e conseguía achegarme máis. 

Deixamos o tramo da autopista no Km 19 e xa poñemos rumbo cara meta, pola longa recta do polígono desisto de gañar un posto e tras mirar cara atrás un par de veces e ver que o cuarto posto xa estaba asegurado, baixo o ritmo e deixeime levar ata meta cruzando en última estancia a Área Recreativa de Carboeiro.

Foto: SD Compostela Tambre Lengüelle
O resultado final foi:

  • Posto xeral: 4º de 113.
  • Posto categoría: 1º 🏆.
  • Tempo: 1:25:30
  • Ritmo: 4:06 min/km
O obxectivo máis que superado xa que non contaba para nada co bo rendemento obtido e como premio ese primeiro posto na categoría. 

Foto: SD Compostela Tambre Lengüelle
En canto a carreira o percorrido quitando ese tramo pegado a autopista e a longa recta do polígono de Sigüeiro moi bonito. Tres avituallamento intermedios líquidos e o segundo deles tamén con sólido. Avituallamento final con auga e froita, camiseta de agasallo. Non me gustou para nada os premios por categorías xa que era un libro que está ben pero o outro eran uns panfletos das etapas do Camiño Inglés que creo que se poden conseguir na Oficina de Turismo... Tamén houbo retraso na saída dos buses aínda que non afectou a hora programada da carreira e o que xa comentara antes de intentar poñer as papeleiras máis lonxe dos avituallamento para poder tirar a botella.


🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Fernando Vázquez Ares ... 1:21:20
  2. Ángel Maceiras Lago ... 1:22:32
  3. Manu Sobral González ... 1:24:53
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Iria Campos Trabazo ... 1:37:46
  2. Laura Núñez Naveira ... 1:43:24
  3. Cristina Carril Boo ... 1:47:57

Tamén che pode gustar:

0 comments