VIII Media Maratón Palas-Melide Os 21 do Camiño
- xuño 18, 2022
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Regresaba a que é considerada unha das mellores media maratón de Galicia, a Media Maratón Palas-Melide "Os 21 do Camiño". Percorrido que transcorre entre Palas de Rei e Melide facendo parte do Camiño de Santiago na versión do Camiño Francés.
O obxectivo sería:
- Intentar baixar de 1:30:00 xa que non estou para intentar mellorar a marca que teño nesta proba que é de 1:25:51 acadados no 2018.
Cheguei a Melide con moito tempo de sobra xa que tiña que facer a intro para Youtube e non sabía onde a ía facer. Collín o bus que nos levaría a saída en Palas de Rei despois de facer a gravación. Xa en Palas recollín o dorsal e a bolsa do corredor. Tras colocar o dorsal, deixei a bolsa do corredor no gardarroupas e púxenme a quecer un pouco. Cando restaban 5 min. achegueime a liña de saída onde me coloquei moito mais atrasado que os anos anteriores. Sabía que non estaba para facer un gran tempo polo que mellor ir para atrás e se tiña que remontar, ía ter tempo. Así tras unha conta atrás deu comezo a proba.
Foto: FotoCarlosGrafias |
Foto: Miguel Mayán |
Foto: Ivancho López Sport Photographer |
Sentíame ben cando o terreo era favorable pero cando chegaba unha costa arriba non había maneira de avanzar e iso foi o que pasou nos seguintes km's. Tras a cronoescalada veu unha parte favorable que me deu a impresión de que ía volver a ser competitivo e que podía aguantar pero só foi un espellismo. Comezoume a doer bastante o psoas, músculo que che fai levantar a perna e lanzar a zancada, o que provocou que cada vez fose máis lento e pasos máis curtos.
Cando chegamos ao Km 17,6 onde estaba o terceiro e último dos avituallamentos, practicamente xa me ía arrastrando pola carreira, só desexaba chegar a meta e pola miña cabeza só tiña a idea de botarme a andar. Os postos estaban caendo seguido e non había maneira de engancharme a ningún dos corredores porque a diferenza de ritmo que levaban era bastante grande.
Foto: FotoCarlosGrafias |
De feito durante todo ese último tramo o ritmo foi superior aos 6:00 min/km e así con moito sufrimento e finalmente sen botarme a andar en ningún momento conseguín chegar a meta.
Foto: Turismo Melide |
O resultado final foi:
- Posto xeral: 69º de 582.
- Posto categoría: 13º.
- Tempo: 1:33:45
- Ritmo: 4:26 min/km.
- Posto cronoescalada: 68º
- Tempo cronoescalada: 7:30 min.
O obxectivo non se conseguiu xa que fixen 3:45 min máis do que tiña pensado pero sabendo que non estaba para correr esta distancia por falta de adestramento aínda non foi tan mal. O peor a dor nas pernas que levaba. Aquí vos deixo a evolución durante a proba:
En canto a carreira como xa me esperaba, percorrido duro con continuos sube e baixa por asfalto e terra. A organización sigue na súa liña de facer todo perfecto, voluntarios nos cruces e cintas cortando o tráfico, varios puntos de animación con gaiteiros, avituallamentos intermedios con auga e ese gran avituallamento final máis propio de probas de carreiras por montaña. Medalla finisher e bolsa do corredor que este ano incluía uns calcetíns, camiseta manga larga e camiseta sen mangas.
Para o ano espero poder estar de novo na saída e chegar preparado para intentar mellorar o tempo que teño nesta proba e achegarme un pouco máis o podio.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- Nuno Costa ... 1:10:09
- Redouan Nouini ... 1:12:58
- Manuel Lorenzo López .. 1:14:45
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- Tina Fernández ... 1:28:20
- Beatriz Fernández Gil ... 1:29:20
- Ariana González Verde ... 1:31:55
Pd: Clasificación completa. Fotos cortesía de: FotoCarlosGrafias e Miguel Mayán, Ivancho López Sport Photographer, Gerardo Porto e Turismo Melide. Moitas grazas.
0 comments