IV Holi Gaiás
- xuño 04, 2022
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Tocou participar nunha proba que polo normal non iría xa que é unha carreira festiva e a min o que me gusta é competir pero como arranquei a aventura por Youtube podía ser unha boa proba para ir gravando. Despraceime ata Santiago de Compostela, concretamente ata a Cidade da Cultura onde se ía celebrar a IV Holi Gaias proba con un percorrido duns 5Km onde nos ían estar tirando polvo de cores para acabar todos pintados.
Sen obxectivos máis que o de desfrutar, ademais viña de estar novamente enfermo polo que sería máis un trote para ir preparando o corpo para as próximas probas.
Nada máis chegamos a Cidade da Cultura, xa nos cambiamos aínda quedaba tempo pero como xa fora recoller o dorsal o día anterior, só nos quedaba iso, cambiarnos e a correr.
Notábase moito que non era unha carreira normal xa que cando faltaban uns 20 min. para o comezo da proba practicamente ninguén estaba quecendo. O amigo que me acompañaba e eu si que nos facía falta polo que un pouco de trote para ir espertando as pernas. Non íamos ir a competir, de feito tiñamos pensado ir a un ritmo entorno a 5 min/km, máis tranquilo do que para min é trote de adestramento.
Chegado o momento colocámonos na liña de saída pero como facía tempo que non me poñía: último. Tras o pistoletazo de saída e os canóns de polvo de cores arrancou a proba.
Ao saír tan atrás, aínda nos tocou ir andando un bo treito ata cruzar a liña de saída pero a partir de aí xa fomos gañando postos seguidos porque había un gran número de persoas que non ían a correr senón que tiñan pensado ir andando. De saber iso, igual me colocaba un pouco máis adiante.
O ritmo ía dentro do establecido mentres íamos pasando polos puntos onde nos tiraban os polvos de cores. Cada vez era máis fácil correr e tras un pequena volta pola Cidade da Cultura e o polo Bosque de Galicia regresabamos ao punto de saída completando a metade da carreira e facendo un tempo de 14:58 min. que supoñía un ritmo de 5:59 min/km moi por encima da idea que tiñamos pero ao principio case era imposible correr.
A segunda volta xa a fixemos máis rápido, tanto que incluso dobramos a xente... Os puntos que tiñan para tirar os polvos practicamente xa non lles quedaban e só tiraban aos que vían que non estaban moi pintados polo que a min xa non me tiraban porque na primeira volta déronme de cheo... Así fomos completando a volta con un ritmo máis decente para unha carreira completando a segunda das voltas nun tempo de 11:53 min que supoñía un ritmo de 4:45 min/km.
- Posto xeral: 43º de 377.
- Posto categoría: 24º.
- Tempo: 26:51 min.
- Ritmo: 5:22 min/km
O obxectivo cumprido, paseino moi ben durante a proba pero igual esperábame máis puntos onde tirasen os polvos para acabar máis pintados e que non se acabase tan rápido porque a segunda volta había sitios onde xa non tiñan. Logo unha ducha ou simplemente unha mangueira onde poder lavarse un pouco e non volver a casa todo pintado tampouco viña mal. Polo de máis todo bastante ben, avituallamento final con auga/isotónica e froita, animación final con zumba e premios aos vencedores da proba.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- Efrén Capelo ... 18:20
- Jesús Cela Boisa ... 18:50
- Francisco Pazos Campos ... 19:43
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- Ararat Pazos Meixus ... 21:34
- Mª del Carmen Rodríguez del Río ... 24:17
- Victoria Marcos Gómez ... 24:17
Pd.: Clasificación completa. Moitas grazas.
0 comments