XVIII Carreira Popular Concello de O Pino

Tras participar uns días atrás na Carreira Camiño das Letras e aínda coas pernas sen recuperar, despraceime ata O Pedrouzo onde se celebraba a XVIII Carreira Popular Concello de O Pino sobre un percorrido de dúas voltas ata completar a distancia de 8 Km. A última vez que fun (2018) tiña a saída noutro lugar polo que non sabía ben se mantiña o mesmo percorrido.

Sen obxectivo durante a proba xa que sabía que non tiña as pernas para moita festa pero ía intentar apertar un pouco para comprobar o estado no que me atopaba

Unha vez no Pedrouzo, fun recoller o dorsal mentres me ía atopando con compañeiros de carreiras. Xa co dorsal volvín para o coche para cambiarme e poñerme a quecer. Aínda faltaban 30 min para o comezo da proba pero da maneira que tiña as pernas había que activar antes para evitar algunha lesión.

Cando restaban 5 min. para o comezo da proba, funme achegando a liña de saída onde quedei colocado bastante ben, penso que mais ou menos onde debería estar e practicamente as 10:00h, tras unha conta atrás, arrancou a carreira.

Foto: Concello de O Pino
A proba arrancaba cunha pequena subida que como estabamos todos empezando faise rápido, pouco a pouco fun gañando algún posto aínda que intentaba manter un ritmo máis controlado pero quitando a subida nada máis empezar e outra uns metros máis adiante que era moito máis leve, todo era favorable. Así foi como os dous primeiros km's me saen a un ritmo de 3:33 e 3:30 min/km. A partir de aí a proba xa se volvía máis dura e podíase dicir que con tendencia a estar subindo seguido. De momento as sensacións eran boas e parecía que ía poder aguantar a ritmo decente, xa non era o dos dous primeiros km's pero igual para ir entorno a 3:45 min/km. Así fago os primeiros 4 Km en 14:48 min que supoñía un ritmo de 3:42 min/km.

Foto: Concello de O Pino
A segunda volta na subida que ao principio se fixo ben, xa notei que as pernas non tiraban e que ía tocar sufrir na última parte. Conseguín gañar algún posto no tramo favorable pero nunha das baixadas sentín unha molestia no isquiotibial e xusto nese momento xa decido comezar a ir máis tranquilo. Aínda quedaban dous Km's para meta pero preferín chegar sen problemas, a ir forzando e posiblemente acabar con unha lesión. Así foi como durante eses dous km's fun perdendo algún posto e xa me fun a ritmos por encima de 4:00 min/km. De todas formas nos últimos metros da proba ía controlando ao corredor de atrás para non perder máis postos e así foi como crucei a meta.

Foto: Concello de O Pino
O resultado final foi:

  • Posto xeral: 19º de 170.
  • Posto categoría: 6º
  • Tempo: 30:43 min.
  • Ritmo: 3:47 min/km
Finalmente as sensación tras rematar a proba foron boas, sabendo que non tiña as pernas moi ben aínda non fixen mala carreira pero de todas formas creo que o podio ía estar complicado. Carreira que se volve dura xa que non tes moito descanso. Aínda que non ten subidas moi duras era un continuo sube e baixa. 


🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Juan Álvarez Cures ... 27:20
  2. Abel Barros González ... 27:36
  3. Alejandro Pesado Fernández ... 28:01
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Zelinda Spencer Conceiçao ... 31:54
  2. Rocio Alvite Ferreiro ... 32:57
  3. Lucía Peón Santomé ... 33:30
Pd.: Clasificación completa. Fotos cortesía de: Concello de O Pino. Moitas grazas

Tamén che pode gustar:

0 comments