VIII Carreira Camiño das Letras

Tras correr dous días antes en Frades, para celebrar o Día das Letras Galegas tocou participar novamente na Carreira Camiño das Letras que este ano facía a súa VIII edición. Proba que une o Pico Sacro (Boqueixón) coa Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) percorrendo así preto de 15 Km polo Camiño de Santiago (versión Camiño da Prata).

O  obxectivo sería:

  • Intentar chegar ao podio xa que esta proba dáseme ben, defeito en 2018 fun o gañador e en 2019 cheguei terceiro.
Como adoito facer todos os anos que veño a esta proba, como me queda de camiño, intento que veñan meus pais para así ir directamente ao Pico Sacro e non ter que ir máis cedo ata Santiago para despois coller autobús que me levaría ata o Pico. Cheguei cando restaban uns 30 min. para o comezo da proba polo que nada máis chego poño o dorsal que xa recollera o día anterior e espero uns 10 min. no coche porque estaba soprando un aire bastante frío e aquelo parecía Mordor. Chegado o momento póñome a quecer polas contornas do Pico facendo un pouco de trail running.

Cando faltaban 5 min. para o inicio da proba funme achegando a liña de saída que desta vez era imaxinaria xa que nos dixeron que nos situaramos por detrás dunha das árbores que había. Quedei colocado practicamente en primeira fila e mellor así porque a baixada do pico este ano era un pouco máis perigosa ao estar o asfalto mollado e así, tras o pistoletazo deu comezo a carreira.


Arranquei bastante ben e baixando do pico quedo situado nun terceiro/cuarto posto. Estaba sorprendido co posto no que estaba polo que decido intentar manterme aí a ver ata onde era capaz de aguantar unha vez rematase a baixada. Case rematando a baixado do Pico doume de conta de que non lle dera ao reloxo polo que non sabía ben en que distancia ía (tardei sobre 1,5Km en accionar o gps...) polo que xa me preocupei menos de ir mirando o reloxo.

Ata preto do Km 5 conseguín manter o segundo posto que foi cando a carreira deixaba de ser case todo o tempo baixando e se volvía un constante sube e baixa. Recuperaba terreo en baixadas e nos falsos chans pero cando viña unha pequena subida perdía todo ese terreo. Pero había que seguir tirando de momento era un terceiro absoluto. 


Mantiven ese posto ata o Km 8 aprox. onde me alcanza outro corredor co cal fun tirando ata a chegada da subida cara Angrois Km 12, xa tiña mentalizado que nese punto ía rebentar porque notaba as pernas sen forzas para poder subir ben e así foi, pouco a pouco o corredor fóiseme escapando e por detrás dándome caza. De feito perdín dous postos máis no tramo de subida en Angrois que nos levaría a última baixada por un empedrado que estaba bastante esvaradío.

Rematada esa baixada metémonos cara unha das entradas ao Bosque de Galicia da Cidade da Cultura, unha subida facendo un slálom onde o primeiro tramo temos que pasar por unhas escaleiras. No tramo do slálom perdo outro posto pero eu xa estaba subindo por inercia porque as miñas pernas xa non lle quedaba nada. Por sorte tiña marxe co seguinte corredor e non sigo perdendo postos.

Foto: Xurdir
O resultado final foi:

  • Posto xeral: 7º de 124.
  • Posto categoría: 2º. 🏆
  • Tempo: 59:42 min.
  • Ritmo: 3:58 min/km
O obxectivo cumprido aínda que podía ser mellor xa que fun gran parte da proba no 2º e 3º posto absoluto e ao final tiven que conformarme co posto por categoría pero non había pernas para moito máis. Posiblemente pagando o esforzo da baixada do Pico Sacro e tamén da proba de Frades pero satisfeito xa que seguimos na liña de pelexar por podios. Falta un pouco máis de adestramento para poder rematar mellor as probas.

En canto a proba, a mesma dureza de todos os anos xa que esnaquizas as pernas baixando do Pico e despois custa manter o ritmo forte para chegar a última parte da carreira onde case e todo subir. Servizo de gardarroupas, Avituallamento intermedio liquido e avituallamento final completo que este ano volvían a dar ternera gallega. Libro e diploma de agasallo. Duchas e servizo de fisioterapia.

Foto: Xurdir
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. José C. Buján Otero ... 57:00
  2. Pablo Alvar López ... 57:32
  3. Manu Gómez Canabal ... 58:45
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Lucía Peón Santomé ... 1:05:02
  2. Eva de la Fuente Iglesias ... 1:10:26
  3. Cristina Carril Boo ... 1:10:43

Pd.: Clasificación completa. Fotos cortesía de: Xurdir. Moitas grazas.

Tamén che pode gustar:

0 comments