VII Carreira Pedestre de Frades
- maio 15, 2022
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Nun principio non ía participar nesta proba xa que tiña outra en dous días pero ao final aquí estamos, participando nunha nova proba e así tachando outro concello da lista xa que nunca estivera correndo aquí. Tocou participar na VII Carreira Pedestre de Frades que se celebraba en Ponte Carreira sobre unha distancia de 8,6 Km aprox. e da que non tiña moita idea do perfil que me ía atopar.
Despraceime a proba sen obxectivos aínda que sempre hai que apertar un pouco para comprobar ata onde se pode chegar.
Tras conseguir aparcar, que non foi fácil ao non coñecer o sitio, fun recoller o dorsal guiado polo speaker que estaba narrando as probas das categorías inferiores que nese momento xa se estaban celebrando. Tras recoller o dorsal volvo para o coche acabar de cambiarme e volvo para a zona da saída onde realizo o quecemento cun compañeiro do Atletismo Brión facendo un tramo da proba e onde me quedou comprobado que o percorrido non ía ser moi chan.
Cando restaban uns minutos para o comezo da proba, funme achegando a liña de saída onde quedei colocado bastante adiante, incluso puiden poñerme en primeira fila pero preferín quedarme un pouco máis retrasado e ver como ía transcorrendo a proba. Así tras unha conta atrás deu comezo a carreira.
Foto: Concello de Frades |
Tras esta volta ao parque xa collemos a estrada e comezamos a subir, estaríamos subindo ata o Km 3 aprox. non eran subidas fortes pero si constantes nas que tiñas que manter un ritmo forte o que che desgastaba moito. Durante ese tramo fun con outro corredor, as sensación estaban sendo boas e algún que outro posto gañei pero máis ou menos conservaba o da saída.
No Km 3 forte baixada duns 800 metros aprox. que nos levaría novamente a subir pasando polo avituallamento intermedio no Km 4,2. Nese punto do avituallamento as sensacións xa comezaron a empeorar e as forzas comezaron a desaparecer xa non subía como antes e o peor e que o vento e a chuvia comezaron a facer acto de presencia.
Continuamos subindo ata o Km 6,6 aprox. e pouco a pouco funme quedando retrasado do corredor co que fixera a metade da proba. Unha vez rematada a subida xa era todo costa abaixo ata meta. O problema e que non había pernas para forzar e intentar achegarme aos corredores de adiante polo que me centrei en manter o posto e apertar na recta final para así conservar o posto e rematar a proba empapado.
- Posto xeral: 18º de 162.
- Posto categoría: 6º.
- Tempo: 31:27 min.
- Ritmo: 3:39 min/km
Satisfeito co resultado obtido aínda que sufrín bastante durante a segunda parte da proba. En canto a proba pódese dicir que é dura, non ten subidas fortes pero todas eran moi longas ao igual que as rectas e daba a sensación de que non avanzabas e se lle engadimos o factor vento e choiva aínda se volveu máis dura. Avituallamento intermedio liquido e avituallamento final moi completo. Servicio de fisioterapia. Duchas a 700m da meta e camiseta técnica de agasallo.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- Nuno Costa ... 25:54
- Alejandro Fernández Rivera ... 26:07
- Victor Puyuelo Pardo ... 26:25
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- Edymar D. Brea Abreu ... 30:45
- Rocio Alvite Ferreiro ... 33:12
- Beatriz Barroso Pérez ... 34:17
Pd.: Clasificación completa. Fotos cortesía de: Concello de Frades. Moitas grazas.
0 comments